Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O xoves 26 de marzo, ás 12:00 horas, na Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra, Suso Lista presenta o seu libro Salseiros, publicado por Edicións Embora.
A Coruña: actividades destacadas do venres 27 de marzo en CoruñaMayúscula
O venres
27 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 18:00-20:00 h. Aula 7. Obradoiro de poesía a cargo de Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:00 h.. Encontro con Alfredo Conde. Ernesto Sánchez Pombo e Xan Arias.
– 20:30 h. Debate entre Diego Ameixeiras e Aníbal Malvar sobre a diferenza entre plaxio e homenaxe no xénero negro.
Lugo: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
O venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior, s/nº), terá lugar a presentación do libro Funambulistas, de Mercedes Leobalde, publicado en Xerais, que logrou o XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participan, xunto á autora, Carmen Basadre e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, dentro do ciclo En paralelo: Noites de literatura e cine, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.
Compostela: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema
Antonio Tizón: “Espinme por completo nesta novela”
Compostela: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
Bolboreteando con… Rosa Aneiros
Entrevista a Rosa Aneiros no blogue gastronómico Bolboretas no bandullo:
“(…) – Bolboretas no bandullo: Encontras algunha relación entre literatura e gastronomía?
– Rosa Aneiros: O que non atopo é nada que as diferencie nidiamente… o pracer,a fame, a aprendizaxe, o tempo de elaboración, o exercicio de construír algo novo, a dúbida, tardar moito tempo en facer algo que outros engolen nun abrir e pechar de ollo, a satisfacción, a resaca, a fartura, a curiosidade… Todos son elementos comúns a unha e outra e, a fin de contas, as dúas buscan saciar os nosos máis elementais apetitos como seres humanos. (…)
A cociña éme un espazo case estraño onde o que mellor fago é recoller utensilios e ingredientes que xa non se utilizarán na cocedura e dar conversación. A quen cazolea e a quen come. Talvez por iso, a cociña converteuse na república libre das palabras máxicas. E, co que mellor bolen e rebolen é coa crema de cabaza: doada de comer, lixeira para falar.
O conto da crema de cabaza para toupas, toupiñas e outras desastres na cociña (ou como a receita é o de menos)
A nena ben sabía que lograr uns bos ingredientes vén sendo o máis complicado nalgúns casos. Non é o seu, xaora, tan só debía ir de excursión, polo que puxo as botas máxicas. Achegouse á cabana vella e recolleu unha cabaza feitiña e dúas patacas. Parou no soto e arrincou unha cebola da trenza e logo colleu un allo da caixa. Abriu o arcón e sacou dúas tiras de pemento, unha cabaciña, un anaco de porro, unha cenoria, e un tomate, todo conxelado. Deu as grazas á avoa por ser como unha formiga que amoreaba celosamente as colleitas do verán para o ermo do inverno. Velaí case os ingredientes todos, pensou. O caderno di que me falta o sal, o aceite, a nata, a margarina e o caldo de galiña. Claro que tamén poderían arramplalos da cociña da avoa, pero iso xa sería botarlle moita cara. E pensou a nena que se non tivese cabana, soto nin arcón, tería que ir de viaxe á tenda para xuntar todo o citado e preparar unha crema de cabaza.. Podería ser de brócoli, chícharos ou porro, pero a ela a que lle gusta de verdade é a de cabaza. Talvez porque é tan laranxa como as trenzas de Pipi Langstrum e canto máis come, máis lle amita á rapaza que ten un cabalo e un mono e vive soa e anda en globo. (…)”