O xoves 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María) de Ferrol, preséntase O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Eduardo Fra Molinero e Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Narrativa
María Reimóndez fala no Zig-zag do seu libro Dende o conflito
Barcelona: presentación de Dragal I. L’herència del drac, tradución ao catalán da obra de Elena Gallego
A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O mércores 22 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas, 38, baixo) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, coorganizado coa Livraria Suévia, rematará cun concerto do grupo polifónico Parabéns.
Manuscritos: Xosé Duncan
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
Elena Gallego: “Fronte ao ‘todo vale’, hai xornalistas que seguimos crendo nunha serie de valores e principios”
Entrevista de Montse Dopico a Elena Gallego en Magazine Cultural Galego:
“(…) – Montse Dopico (MD): A protagonista é unha muller, unha xornalista, Marta Vilas. Ela é quen investiga os asasinatos. Hai pouco falaba con outra escritora sobre a pouca presenza tanto de autoras como de mulleres protagonistas na novela policial galega. Influíu a consciencia disto na construción deste libro?
– Elena Gallego (EG): Cando escribín Sete Caveiras non o fixen cunha consciencia de xénero. Tiña en mente unha historia de asasinatos que decidín investigar a través dunha xornalista porque para min resultaba máis doado que crear un detective masculino e singular. Marta Vilas é unha protagonista verosímil, talvez porque eu tamén son muller e nos últimos anos traballei na redacción de distintos medios de comunicación. Cando Marta Vilas se move pola novela, coñezo os seus espazos sen necesidade de recorrer a artificios innecesarios. (…)
– MD: Sete Caveiras é máis unha novela policial de trama de investigación que unha novela negra de denuncia social, mais si se achega ao que chamas no libro “cara B da movida viguesa dos 80”. As drogas, a violencia da reconversión naval… cos seus paralelismos coa actualidade: desemprego, crise do naval… Hai, nese sentido, un certo sentido desmitificador deses 80 vigueses no teu libro?
– EG: Precisaba un móbil para unha xeira de asasinatos e atopeino en pleno centro de Vigo, nun tempo e circunstancias determinados. O que aconteceu nos anos oitenta, tanto a nivel cultural como social, está recollido nas hemerotecas. Houbo unha serie de grupos musicais que triunfaron alén do “telón de grelos”, ao que se chamou “movida viguesa”, e unha “xeración perdida” pola conflitividade social do momento. Non se trata de desmitificar nada, só lembrar que todas as épocas históricas teñen a súa “cara B”. Tamén a que, en plena era tecnolóxica e do coñecemento, estamos a padecer neste momento. (…)
– MD: A triloxía de Dragal parece unha confirmación de que pode haber best-sellers en galego: libros dirixidos principalmente ao público adolescente, de fantasía e mitoloxía, e coa nosa historia como fondo. É así? Era un pouco o teu obxectivo ao escribilo?
– EG: Debo confesar que a idea de que puidese convertese nun best-seller nin se me pasou pola cabeza. Daquela eu só pretendía demostrarlle ao meu fillo adolescente que en Galicia, en lingua galega, tamén podemos escribir historias de dragóns fantásticos, recuperando a nosa tradición e cultura a través da ficción. Eu non quería que Dragal fose a típica novela fantástica na que os protagonistas saltan dunha dimensión a outra, ou habitan universos imposibles. Os seus personaxes transitan pola vida real e os elementos máxicos que atopan forman parte da cultura, tradicións e mitoloxía galegos, que ao mesmo tempo son universais. Por iso Dragal funciona tamén noutros idiomas e pode conquistar lectores en calquera lugar do mundo. (…)”
O autor acompaña o lector: Xabier Quiroga
Desde o blogue Trafegando ronseis:
“Desta volta, e xa no IES Laxeiro, quen nos acompaña coa súa voz e a súa escrita é o compañeiro Xabier Quiroga, con motivo da presentación do seu último libro, Zapatillas rotas.”
Lleida: presentación de Dragal 1. L’herència del drac, versión en catalán do Dragal. I, de Elena Gallego
Xurxo Souto: “O mar vai estar sempre aí, é o noso futuro”
Compostela: lectura dramatizada de Somnámbulos, de Suso de Toro
O luns 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Afundación (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Santiago, participa, xunto ao autor, o actor Federico Pérez.