O xoves
12 de maio, ás 19:30 horas, no FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.) da Coruña, preséntase o libro As horas rotas, de Chelo Suárez, publicado en Sotelo Blanco, premio Manuel Lueiro Rey de novela curta en 2010.
Arquivo da categoría: Narrativa
Santiago: presentación de Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez
O
luns 9 de maio, ás h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez, publicado en Sotelo Blanco, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010.
Xaime Toxo: “Somos peóns do destino”
Cambados: presentación de Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo
O
venres 6 de maio, ás 20:00 h., nas Adegas Martin Códax (Burgáns, 91, Vilariño) en Cambados, preséntase a novela Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo, publicada en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Bragado.
A Coruña: maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas
O venres
6 de maio, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar un Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.
Agustín Fernández Paz: “A miña xeración ten unha sensación de estafa polo tempo que nos tocou vivir”
Entrevista
de Santiago Jaureguizar a Agustín Fernández Paz en El Progreso (a través de Xerais):
“- El Progreso (EP): Resístese a falar de si mesmo, pero non da súa xeración. Faino en Non hai noite tan longa.
– Agustín Fernández Paz (AFP): Esta novela é dalgún xeito un retrato da miña xeración. Chega unha idade na que tes a necesidade de botar a vista atrás e ver como foron as cousas, como te foi levando a vida a facer determinadas cousas. Cando morreu Franco eu tiña 28 anos. 28 anos da miña vida marcounos o franquismo, pero máis que o réxime político, foi o modo de vida e a ausencia de pautas culturais que nos tocou vivir. Canda falaba iso cos meus alumnos custáballes entendelo. Moitos dos autores aos que facíamos referencia na clase son autores que eu debera ter lido na mocidade, pero non puiden: Camus, Beckett, Neruda, Alberti ou Castelao. No cine pasoume igual, eu sabía de memoria a filmografía de Godard polas revistas de cine que lía, pero hai películas que aínda estou vendo agora por vez primeira. Para os que viviron o franquismo con pracidez era normal, pero para os que tiñamos sede de cultura era unha estafa tremenda. A miseria moral e o atraso son vivencias xeracionais. O drama en materia de relacions afectivas marcou a toda unha xeración. (…)
– EP: Escribiu Non hai noite tan longa pensando nos adultos?
– AFP: Non, escribína coa mesma dedicación cas outras. O editor leuna e falamos de metela nunha colección sen adscricións. Eu véxoa tan de adultos coma outras novelas miñas, como Aire negro. Daquela, no 92, preferín metela nunha colección para rapaces porque pensei en chegar a máis lectores. (…)
– EP: A que ámbitos debería acceder a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) para a súa normalización?
– AFP: Xa se fixo madura, aínda que en España tardou máis en chegar. Hai xente adulta que le este tipo de literatura e non lle caen os aneis. Saben que hai cousas boas, malas e regulares, como nos outros. Os escritores de LIX son máis visibles… se seguimos así, os editores non mirarán se publican nunha colección ou noutra.
– EP: A entrada na RAG dalgún autor sería o paso definitivo?
– AFP: Esa polémica anda por aí, pero paréceme máis importante a entrada das mulleres.”
Camilo Franco crea o folletín 2.0
Santiago: actividades do xoves 5 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do xoves 5 son as seguintes:
– 18:00 h. Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de Gálix.
– 19:00 h. O escritor Xabier P. DoCampo presenta o seu libro O misterio das badaladas, publicado por Edicións Xerais. Manuel Bragado, director da editorial, manterá unha conversa con Xosé Cobas (ilustrador do libro) e co autor.
– 20:00 h. Presentación do libro As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, publicada por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Ourense: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse
Santiago: Coloquio con Rosa Aneiros sobre o seu libro Sol de inverno
O
mércores 4 de maio, ás 19:00 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas (Rúa Berlín, nº 13), en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro con Rosa Aneiros, no que os Clubs de lectura de Fontiñas, Ensanche, Vite, Conxo e o do IES Antonio Fraguas conversarán con ela sobre o seu libro Sol de inverno.
