Presentación en Vigo da novela As palabras da néboa , de Francisco Castro

A presentación da novela As palabras da néboa (Premio de Novela García Barros 2007), de Francisco Castro, terá lugar en Vigo o próximo xoves 28 de febreiro na Casa do Libro, ás 8 da tarde. e que vén de editar. O acto será presentado polo director literario da Editorial Galaxia Carlos Lema e polo escritor Álvaro Otero.

Presentación na Coruña da novela O de Millarengo, de Betty Martínez Millarengo

Este mércores 27 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar na coruñesa Galería Sargadelos a presentación da novela O de Millarengo (Edicións do Castro), de Betty Martínez Millarengo. Contará coa presenza, na sala da primeira planta do local da Rúa Real, da propia autora do libro, así como da alcaldesa de Betanzos María Faraldo e do cantautor Xoán Rubia.

Preséntase en Compostela As pantasmas sodes do que non hai, de Amadeo Cobas

O próximo 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, presentarase a obra As pantasmas sodes do que non hai (Sotelo Blanco Edicións, col. 12X22). Para alén do autor do libro, Amadeo Cobas, intervirán Yolanda Castaño (poeta) e Ánxela Gracián (directora da colección 12×22 e representante da editorial Sotelo Blanco).

Chega ás librarías Para dicir abril, Premio Risco de Creación Literaria 2007

«Sotelo Blanco Edicións edita a nova obra narrativa do prolífico escritor de Melide Xosé Vázquez Pintor, “Para dicir abril”, incluída na súa colección Medusa Narrativa. Esta obra, que xa se pode atopar nas librarías, resultou gañadora do Premio Risco de Creación Literaria 2007, certame organizado anualmente pola Fundación Vicente Risco en colaboración co concello de Ourense.» (AGE)

Preséntase no Grove O frío azul, de Ramón Caride Ogando

Os libreiros do Grove e Sotelo Blanco Edicións organizan a presentación da novela O frío azul (Premio Lueiro Rey 2007), de Ramón Caride Ogando. Terá lugar o venres 15 de febreiro, ás 20:00 horas, no Pub Vinilo (rúa da Praza, fronte da Librería Besada) do Grove. Intervirán, para alén do autor, Ramón Domínguez Argibay, Xan Fuentes Castro, Luís Viñas e Ánxela Gracián.

Presentación en Vigo de Nos dominios da incerteza. Historias económicas, de Manolo Blanco Desar

O xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa do libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo, presentarase Nos dominios da incerteza. Historias económicas (Sotelo Blanco Edicións – Col. Medusa Narrativa), de Manolo Blanco Desar. Intervirán Ricardo Beiras (Profesor de ecoloxía mariña) e Ánxela Gracián (directora da colección Medusa Narrativa).