
Arquivo da categoría: Poesía
Museu do Côa, Portugal: apresentação do livro As gravuras rupestres da ribeira da Gravata
Muíños: Feira do Libro e Artesanía 2025
Quiroga, territorio literario. Roteiro literario musicado adicado a Uxío Novoneyra
Vigo: Samuel L. París no Festival de poesía e oralidade Máis alto que o ceo, en Évame Oroza
Guitiriz: presentación da revista “Manuel García López, O Reinote, o capador de Sesulfe. Unha vida falada polo verso”
Moaña: Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns
O Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Moaña e o patrocinio da Xunta de Galicia.
O corpus poético de Xosé Manuel Millán Otero constitúe unha das voces máis intensas, sensibles e comprometidas da poesía galega contemporánea. O seu estilo está marcado pola profundidade existencial, a conexión coa paisaxe e o uso dunha linguaxe evocadora. Diremos pupila, lábio e terra. Camiñaremos polo linde da materia. Traballaremos voz con voz aos seus textos para achegarnos, nun intento fugaz, á súa obra. Fomentaremos a escritura creativa, inspirándonos na súa capacidade para transformar a realidade en imaxe poética.
O obradoiro será impartido por Míriam Ferradáns, cunha sesión especial con Xosé Daniel Costas Currás.
Hai 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro.
O obradoiro desenvolverase no Concello Vello de Moaña (Rúa Ramón Cabanillas, 108). En caso de levar coche, pode aparcarse aquí.
Calendario e horarios
– Sábados 6, 13, 20 e 27 de setembro; 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2025, de 11:00 a 13:30 h.
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
A Coruña: conferencia ‘Ecos da herdanza céltica de Galicia e Irlanda: viaxe poética/musical nas Arpas de Iwerddon de Luz Pozo Garza’
Vigo: Francisco Castro en concerto
Francisco Castro ofrecerá unha experiencia cercana e íntima co público, diferente ao habitual dos grandes escenarios en auditorios, teatros ou ao aire libre. O músico poderá comunicarse así directamente cun público que vai estar sentado practicamente á súa beira en íntima complicidade.A entrada (10 euros) pode collerse na porta da Fundación no momento do acceso ao concerto.