Arquivos da etiqueta: María Álvarez Landesa
Vigo: actividades do 6 de xullo da Feira do Libro 2024
Vídeo da presentación en Vigo de mapa.gal, de Eva Teixeiro
Vigo: maratón lírico “Verbas que alumean”
Vigo: presentación de mapa.gal, de Eva Teixeiro
Cervo: presentacións de Luísa Villalta. Alma de violino, con Eli Ríos, e Contármonos, das Comadres das Letras
Pontevedra: “Teñamos a poesía en Paz” con Anxo Mena e María Álvarez Landesa
Comezan as votacións para escoller a Mellor Poesía do Ano 2022 na Galiza e en Portugal no Proxecto aRi[t]mar
“O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as poesías galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2022. Son 10 poesías de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal. Ditas votacións comezaron o 17 de abril, ás 9.00 horas segundo o fuso horario galego, e poderanse acometer a través da páxina web aritmar.gal. O proceso permanecerá aberto ata o día 14 de maio.
As pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2022 na Galiza, son: Fiadeiro do Lupamar, de Ana Pillado; Vanitas #1, de Antía Otero; FORXÁRONME CON PALABRAS, de Ánxela Gracián; MAMÁ fala en linguaxes, de Arancha Nogueira; N e u r a l x i a, de Clara Martín; Se algunha cousa queren comigo, de Lorena Conde; Ser mar, de María Álvarez Landesa; Tarefas, de Mercedes Martínez Modroño; DESPOIS de lermos, de Nieves Neira Roca; e As amigas, de Yolanda Castaño.
Por outra banda, as pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2022 en Portugal, son: ONDE ME ARDE, de Andreia Faria; Podia-te chamar Lisrio, de Fernando Machado Antunes; PONTO E VÍRGULA, de Joaquim Gouveia; Ao lusco-fusco, a indecisão das cores, de Licínia Quitério; punhos, de Maria do Rosário Pedreira; Se de repente perto fosse um verbo, de Maria Isabel Fidalgo; Faço uma curta viagem, de Maria Teresa Dias Furtado; Aqui estão as minhas chaves, de Pedro Eiras; Insignificante criatura me chamaram, de Ricardo Gil Soeiro; e THE BIG FREEZE, de Rui Lage.
Premios aRi[t]mar: Un recoñecemento elixido polo público
aRi[t]mar é un proxecto didáctico cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela pertencente á Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
Tanto nesta, a súa vertente poética, coma na musical, son as persoas seguidoras de aRi[t]mar as que deciden cal son as mellores obras do ano. Calquera usuario da web pode acceder a aritmar.gal e, alí, ler as 20 pezas galegas e portuguesas pre-seleccionadas polo xurado e decidir cal cren que son as merecedoras do premio a Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal.”
Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela (II)
Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela, que tivo lugar o 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.
– Recital de poemas rosalianos:
– Interpretación musical da Coral da A. C. Solfa:
– Título do vídeo: Ofrenda floral e interpretación do Himno Galego:
Crónica fotográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela
Estas son algunhas das fotografías do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela, que tivo lugar o 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.