Entrevista de Ramón Loureiro a Fina Roca en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Un libro singular…
– Fina Roca (FR): Si, un libro a dúas voces, que recolle poemas do tempo da miña xuventude, versos de poemarios que permanecían inéditos, e ademais todas esas imaxes, coma nun álbum persoal. Un libro que, grazas ao labor da miña filla, e a como o deseñou, é o que é.
– LVG: Se lle pregunto pola súa infancia, cales son as primeiras imaxes que lle veñen ao pensamento?
– FR: A casa nacín en Canido xa non existe, xa non está. Pero de Santa Mariña, que na miña nenez era un lugar cheo de hortas, teño moitos máis recordos. Alí foi onde aprendín a ler a escribir. Recordo moito aquela escola á que eu ía tan contenta, como recordo tamén os camiños entre as hortas, polos que eu ía cantando. Foi un fermoso tempo.
– LVG: Que é, para vostede, a poesía?
– FR: A poesía para min sempre foi un xeito de expresar o que de verdade sinto.
– LVG: Pero ata agora apenas publicara versos…
– FR: Así é. Publiquei cousas moi diferentes. Pero a poesía estaba aí. Tiña poemarios inéditos que fun gardando para min mentres o tempo pasaba. E agora chegou un momento da miña vida, tras deixar atrás momentos moi difíciles, nos que creo que xa é hora de dar a coñecer eses versos, de ir rescatando todo ese material. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Outeiro de Rei: Na Casa Delas. Concerto de Son de Corda
A Coruña: recital de Carmen Villar Alonso e Dimitra Christodoulou no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 16 de febreiro
Lugo: A corazón aberto. Toño Núñez recita Poemas de Amor en Outono
A Coruña: conferencia O Pasado crúzase co Presente: Os cen anos de Na noite estrelecida, por Iria-Friné Rivera Vázquez
Vigo: presentación de Millennialismo ou sátira dunha xeración, de Ramón Romero Nogueira
A Coruña: presentación de Contra humana parte, de Pilar Pallarés
Branca Trigo: “Gústame pensar nesa relación que hai entre o corpo e o baleiro”
Entrevista de Pilar G. Rego a Branca Trigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“No Mundo Carne amalgámanse o individual e o colectivo, a historia e a vida, a terra e o corpo. Este poemario, publicado por Malafera e ilustrado por Octavia Russo, abre na realidade unha ferida. Vomitei Deus, en edición bilingüe, é unha selección de poemas de Mundo Carne e dos seus libros anteriores con epílogo de Chus Pato. A entrevista pode verse aquí.”













