Cabana de Bergantiños: actos destacados no I Congreso Internacional de Escritores de Cabana para o venres 18 de marzo

O venres 18 de marzo destacamos as seguintes actividades dentro do I Congreso Internacional de Escritores de Cabana (na ligazón pode descargarse o programa completo):
18:30 horas, no Dolmen de Dombate: I Recital poético (en galego). Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Yolanda Castaño e Rosa Méndez.

A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

ORosalía de Castro Follas Novas Anxo Angueira xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.

Cangas: conferencia-presentación de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro

ORosalía de Castro Follas Novas Anxo Angueira mércores 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar una conferencia de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicada en Xerais. O acto está coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura do Concello de Cangas.

A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, por Ánxela Lema París

DesdeMarga do Val A Sega:
“Aínda que existen moitos poemarios que recollen poemas máis que reveladores, poemas que se meten no corpo ou que asaltan a túa cabeza, sempre hai un poema con que cada lectora dá e que pensa: “Só por este texto este libro tiña que publicarse”.
No medio da situación actual en que nos encontramos, onde o ser muller está a baleirarse de signficado e onde o corpo semella pertencer a un mundo ao que miramos desde o sofá crendo velo dentro dunha película de serie B, ás veces unha encóntrase cunha sucesión de versos que paga a pena espallar. Pois ben, desta vez foron os versos de Marga do Val proxectados en A cidade sen a roupa ao sol e, máis concretamente, os versos pertencentes ao seu poema “Kahlschlag”. Quizais non sou eu a persoa máis indicada (en fin, quizais non, senón que seguramente non) para reflexionar sobre estas palabras, mais o importante da poesía, penso, é transmitir, facer estoupar e mover os corpos, mais da forma que nós mesmas decidamos e non da forma que deciden desde ese outro mundo guionizado e patrocinado por deus-sabe-quen.
e lustramos os zapatos/que gardan as pegadas do andado/e así procuramos/que sea máis doado cada día/mentres agardamos outro día/coa mesma tranquilidade/con que dobramos as sabas!

Unha, despois de ler isto, busca os zapatos que ten no armario e comeza a debater con eles sobre as historias que viviron, cales lembran e cales non, sobre os pasos que a trouxeron até o agora… Todo isto sen deixar de pensar que vivimos co terrible costume de alterarmos a estética dos pés cada mes, ou quizais cada semana, semellando que con cada calzado novo esquecemos as pisadas realizadas co anterior. Coa data de caducidade que cada elemento que nos rodea ten a día de hoxe chegamos ao punto de non manter ningunha relación de confianza, ningunha relación real. Conseguen/-imos que sintamos a necesidade de renovarnos mais nun proceso en que o baleiro está continuamente presente, é dicir, nun proceso que non avance e que apenas enfatiza o baleiro sen deixar que proxectemos ningún recordo ou que deixamos algunha mínima pegada na memoria. (…)”

A Coruña: recital de Rosalía Fernández Rial e Ricardo Domeneck no Ciclo Poetas Di(n)versos

ORosalía Fernández Rial lunsRicardo Domeneck 14 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rosalía Fernández Rial e o poeta brasileiro Ricardo Domeneck. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2016.