Arquivo da categoría: Poesía
Castelo de Pambre, Palas de Rei: recital poético polo Día das Letras Galegas
Cee: presentación de Nao cetácea, de Xosé Iglesias
Gondomar: acto poético-musical das Letras Galegas 2024
O tesouro, de Lidia de la Fuente, Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia
Desde a Fundación Xosé Neira Vilas:
“A viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor son algunhas das cualidades que salientou o xurado desta cuarta edición do galardón, que conta co apoio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Dito xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Pilar Sampedro e Fernando Redondo, xunto co dramaturgo e académico da RAG Euloxio Ruibal.
A entrega ten lugar o 18 de maio, ás 18.00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). O peche musical do acto está a cargo do cantautor Armando González, quen interpreta varias adaptacións de poemas de Neira Vilas. (…)”








