Arquivo da categoría: Poesía
Entrevista a Bieito Iglesias, A última música das cousas
Compostela: o poeta sirio Adonis ofrece un recital de poemas orixinais e en tradución ao galego, o mércores 11 de xuño
O
mércores 11 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o poeta sirio Adonis ofrece un recital de poemas orixinais e en tradución ao galego.
Por primeira vez en Galicia, un dos máis firmes candidatos dos últimos anos ao Premio Nobel de Literatura lerá textos propios nun acto conducido pola promotora do mesmo, a escritora Yolanda Castaño, e que contará coa colaboración da AELG e do PEN Club de Galicia, a través das intervencións de Cesáreo Sánchez Iglesias e de Luís G. Tosar, canda a presentación do poeta convidado por parte do profesor da USC Claudio Rodríguez Fer, e a interpretación musical da artista Najla Shami.
Confirmación de asistencia, aquí.
Compostela: presentación de A Segunda Lingua, de Yolanda Castaño
Compostela: Levantémonos! Verbas feministas. Recital poético
O
xoves 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Zona C (Rúa San Domingos de Bonaval, 1) de Santiago de Compostela, terá lugar o recital poético Levantémonos! Verbas feministas, no marco da exposición Levons-Nous! O himno das mulleres. As poetas convidadas son Xiana Arias, Marta Dacosta, Rosa Enríquez, Lucía Novas e Susana Sánchez Arins.
Compostela: presentación de Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro e Estrela do norte, de Luís Rei Núñez
Manuel Álvarez Torneiro: “Hai que escribir máis coa cabeza que co corazón, deixar arrefriar as cousas”
Entrevista
a Manuel Álvarez Torneiro en Vivir na Coruña:
“(…) – Vivir na Coruña (VNC): Vivir na Coruña Tardaches moito en publicar -pasados os 50 anos- pero en pouco tempo fuches quen de artellar unha obra moi ampla, con moitos títulos e moi persoal…
– Manuel Álvarez Torneiro (MAT): Si que tardei, tanto que eu pensei que xa non publicaba, que quedaría todo no silencio absoluto. Pero unha cousa é escribir e outra publicar. Se non publicas parece que non traballas, escribes e metes no caixón. Cando eu comecei a publicar abrín o caixón, miraba o que valía e o que non. Non todo o que fas é bo, eu teño moito poema feito que non me atrevería a publicar. Hai que escribir máis coa cabeza que co corazón, deixar arrefriar as cousas. A min interesábame publicar por non desperdiciar o traballo que tiña feito, tiña ganas de dicir algo. Presenteime a premios de poesía como o Esquío ou os Premios de Poesía Miguel González Garcés -gañou ambos en dúas ocasións- máis que pola recompensa en metálico, porque a obra do gañador sería publicada. E así foron saíndo os libros. Non chamei ás portas de ningunha editorial. (…)
– VNC: Música e poesía adoitan ter unha relación moi íntima na túa obra, e esta non é menos…
– MAT: Para min a música é todo. A arte das artes. Pero é curioso que nunca escribo escoitando música, téñoa gravada dentro de min. Neste sentido son moi selectivo, amigo do clásico, Schubert que é un constante na miña obra, Mozart, Beethoven…
– VNC: Os teus versos son claros, abertos, pero ao tempo profundos. Cales foron as túas referencias?
– MAT: Mira, hai xente que ten a menos as influencias que ten. Paréceme unha falta de humildade tremenda. O que hai que ter é influencias boas, non malas. Eu bebín moito de Pablo Neruda, é meu mestre, el foi quen me destetou e mostrou o que era a poesía. Tamén de César Vallejo aprendín moitísimo. Non podemos esquecer tampouco os clásicos, non se pode saltar o baleiro sen máis, deles aprendín a expresión, a medida do verso, a profundidade, a transcendencia que pode ter un poema… A xeración poética do 27 foi magnífica. Todos estes autores chegábanme porque falaban do meu tempo, do meu entorno e da realidade que eu vivía. (…)”
Pontevedra: presentación de Estrela do norte, de Luís Rei Núñez
A Coruña: recital de Manuel Álvarez Torneiro e Adonis no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
9 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Manuel Álvarez Torneiro e o poeta sirio Adonis. Máis información aquí: Folleto Di(n)versos xuño 2014.




