“O Premio Anisia Miranda, da Fundación Xosé Neira Vilas, que conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, recaeu nesta edición de 2023 en Medo me dá!, de Ramón Domínguez Veiga. A obra gañadora presenta unha excelente construción dramática realizada con grande axilidade nos diálogos, dotada dun sentido do humor que, en todo momento, fixa o desenvolvemento da trama teatral. Así o salientou o xurado, composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán-Vello, xunto co poeta e dramaturgo Xosé Luna.”
Arquivo da categoría: Premios Literatura Infantil
Lionel Rexes gaña o Premio de Teatro Infantil da Agrupación Cultural O Facho
Desde Crónica 3:
“Coa obra Están chovendo flores, o escritor alfocés resultou gañador do certame de textos teatrais convocado polo colectivo coruñés.
É a primeira vez que este narrador, autor das novelas A raíña das velutinas (Xerais, 2017) e A montaña do poeta (Xerais, 2022), escolle a escrita teatral para a creación literaria, e iníciase no xénero cunha comedia con intriga dividida en tres actos, pensada para un público do ámbito da Educación Primaria.
O xurado valorou desta obra, especialmente, a adecuación ao público ao que vai dirixida, a calidade da lingua empregada, o tratamento dos espazos e o xogo humorístico.
A Agrupación Cultural O Facho é unha entidade con seis décadas de historia, especialmente vinculada ao fomento do teatro galego, que mantén ao mesmo tempo unha intensa actividade en defensa da lingua e a cultura; ao longo da súa traxectoria chegou a contar co seu propio grupo de teatro.
O acto de entrega do premio terá lugar na Coruña o próximo día 26.”
Bases do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade
Bases do XXVI Certame Literario de Piñor de narracións breves 2023
Bases do XX Certame Literario Concello de Ames
Bases do XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2023 (o prazo de presentación acaba o 28 de abril)
Bases do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2023
Bases do XXXI Concurso Literario Xaime Illa Couto
Fina Casalderrey, proposta para o Premio Hans Christian Andersen, o ‘Nobel’ da literatura infantil
Desde Pontevedra Viva:
“A escritora pontevedresa Fina Casalderrey é, desde hai anos, unha das grandes referencias da literatura infantil española. Por iso é polo que non sexa de estrañar que fora proposta para gañar o Premio Hans Christian Andersen, coñecido como o ‘Nobel’ da literatura infantil.
Así o acordou a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e da Xunta de Galicia.
O Premio Hans Christian Andersen é o máis alto recoñecemento internacional que se concede a un autor vivo neste xénero.
O galardón concédeo a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) desde o ano 1956 a partir das propostas que realizan as propias seccións nacionais.
O fallo do xurado farase público na Feira do Libro Infantil de Bolonia en 2024.
A entrega dos premios realizarase no marco do 39 Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Trieste (Italia) do 30 de agosto ao 1 de setembro de 2024.
Xunto a Fina Casalderrey, a sección española desta organización propuxo para o Premio Hans Christian Andersen á ilustradora vasca Elena Odriozola para a categoría de ilustración.
O xurado internacional que elixirá á persoa que recibirá este premio está integrado por profesionais do sector chegados desde Rusia, México, Estados Unidos, Austria, Arxentina, Líbano, Alemaña, Finlandia, China, Eslovenia e Francia.”