“Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal Blanco, acaba de ser recoñecida co Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024, un galardón convocado anualmente pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia co obxectivo de lembrar e honrar a figura de Anisia Miranda.
A obra premiada destaca, fundamentalmente, pola mestría da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión. Tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferenza entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.
O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega.
Francisco Antonio Vidal Blanco posúe unha traxectoria literaria consolidada, tendo sido merecedor de premios como o Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión no 2022 ou o Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras no 2003. No ámbito do ensaio, son de resaltar as súas achegas á obra de Murguía e conta con diversas novelas publicadas.
O acto de entrega do premio terá lugar o sábado 25 de maio ás 19:00 horas na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Ese día presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: Medo me dá, de Ramón Domínguez Veiga, editado por Embora.”
Arquivo da categoría: Premios Literatura Infantil
Bases do Concurso Nacional O Facho Contos de nenos para nenos 2024
Bases do XXVII Certame Literario de Piñor de Narracións Breves 2024
Bases do XXI Certame Literario Concello de Ames
Bases do III Certame Letras Gazafellas 2024
Bases do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024
Bases do XXVIII Certame de poesía Francisco Añón
Bases do Concurso de Teatro Infantil 2024 convocado pola A. C. O Facho
Bases dos premios XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques
José Luis Baños de Cos gaña o VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Desde Galaxia:
“O autor gañou o premio pola obra presentada baixo o título de Fóra de xogo.
No concello da Pobra do Caramiñal, a 29 de decembro, reunidos os membros do xurado do VI Premio de Literatura infantil Carlos Mosteiro, composto por María Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Canosa, escritora, gañadora da anterior edición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Despois das correspondentes deliberacións, o xurado decide por maioría outorgar o premio a á obra presentada baixo o título de Fóra de xogo, baixo o lema De pombas, aguias e señores corvos, que, unha vez aberta a plica, resultou da autoría de José Luis Baños de Cos, nado en 1977, licenciado en dereito e antropoloxía social, gañador en 2020 e 2022 do Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, coas obras A cámara escura, e Lume, publicadas pola editorial Galaxia.
O xurado valora desta obra o seu contido social, o tratamento dos seus personaxes femininos protagonistas e o alento poético dunha historia que reivindica os dereitos das nenas a través do deporte, a amizade e os soños compartidos nunha situación de discriminación e desesperanza.”





























