Santiago: presentación de O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre

O xoves 4 de novembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o libro de Marilar Aleixandre O coitelo en novembro, publicado en Xerais. No acto, acompañando á autora, participarán Víctor F. Freixanes e Manuel Bragado.

Vigo: presentación de Conservas, de Daniel Costas Currás

O mércores 3 de novembro, ás 20:00 h., no Museo do Verbum (Casa das palabras) de Vigo, a Lonxa Literaria de Moaña presenta o libro conservas de Xosé Daniel Costas Currás, obra gañadora do XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do concello de Dodro e publicado pola editorial Sotelo Blanco. Soledad Ríos, presidenta da Lonxa Literaria presentarán ao autor e ao proxecto cultural da Lonxa. Asistirá á presentación o mestre e poeta Anxo Angueira e deseguido o autor fará un percorrido por diferentes poemas do libro.

Ourense: presentación de Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, de Enrique Bande

O mércores 3 de novembro, ás 11:00 h., preséntase na Deputación de Ourense o libro Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1845-2005, de Enrique Bande, publicado en Galaxia. No acto participan, co autor, Víctor F. Freixanes e Xosé Luis Baltar.

Santiago: presentación de Conservas, de Daniel Costas Currás

O martes 2 de novembro, ás 20:00 h., na libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, a Lonxa Literaria de Moaña presenta o libro conservas de Xosé Daniel Costas Currás, obra gañadora do XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do concello de Dodro e publicado pola editorial Sotelo Blanco. Soledad Ríos, presidenta da Lonxa Literaria presentarán ao autor e ao proxecto cultural da Lonxa. Asistirá á presentación, a escritora e coordinadora do premio Helena Villar, deseguido o autor fará un percorrido por diferentes poemas do libro.

Pontevedra: presentación de Periferia, de Iolanda Zúñiga, e apertura de blog sobre a obra

O xoves 28 de outubro, ás 20:00 h., na sede da Fundación Caixa Galicia (no Edificio Café Moderno) de Pontevedra, preséntase Periferia, de Iolanda Zúñiga, a novela gañadora do Premio Xerais 2010. No acto acompañarán á autora Antón Sobral e Manuel Bragado. En relación con esta obra, a autora ven de abrir un blog, Planeta Periferia, onde vai incorporando anotacións e comentarios sobre a súa propia novela e o proceso de creación, así como da banda sonora que acompaña ao texto.

Ourense: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas

O venres 29 de outubro, ás 20:00 h., na Livraria Torga (rúa da Paz, 16) de Ourense, preséntase o libro Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, publicado por Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Marta Arribas, Sechu Sende e Manuel Bragado.

Rianxo: presentación de Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares, de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim

O venres 29 de outubro, ás 20:30 h., no Auditorio de Rianxo, a Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Rianxo e Dos Acordes Ediciones presentan Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares, de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim. No acto participan os coordinadores, así como o editor, Javier Jurado; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; e mais a concelleira de cultura de Rianxo, Mari Carme Figueira.

A Coruña: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas

O venres 29 de outubro, a partir das 19:30 h., na FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.) da Coruña, presentación do novo libro de Manuel Rivas Todo é silencio, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por César Morán e Xosé Taboada. Ao finalizar a presentación, o autor asinará exemplares da súa obra.

Lugo: presentación de O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro

O xoves 28 de outubro, a partir das 20:00 h., no Museo de Lugo (Praza da Soidade, s/n.), preséntase a obra O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro, publicada en Sotelo Blanco, e gañadora do XV premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.