O
martes 5 de febreiro, ás 17:30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal (Avenida de Xoán XXIII, s/n) de Santiago, Celso Fernández Sanmartín presenta a colección de Livros de Cordel que edita o proxecto educativo Semente co título Fam Pam.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ribadeo: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro
Vigo: recital-presentación de Sétima Porta
O
sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo, preséntase Sétimo Andar, número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do colectivo, A porta verde do sétimo andar, con textos de Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgílio Liquito, e portada de Luz Beloso.
Bueu: presentación de Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure
Arteixo: presentación-recital de Monicreques, de Xosé Daniel Costas
Ourense: presentación de O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Librería La Región (Rúa do Paseo, 15) de Ourense, preséntase o libro O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Juan José Rodríguez Fernández, Manuel Bragado, o ilustrador do libro, Jaime Asensi e O Capitán Aspanitas.
Lugo: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingo, 4), preséntase o libro O mistério da escada interior, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participa Tareixa Campo, e estará acompañado pola música dos Frebudos.
A Coruña: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
O
xoves 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (na Biblioteca da Asociación no Campo de Marte, s/n.) da Coruña, nun acto organizado por esta entidade, a Libraría Sisargas, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico e o Proxecto Cárcere, preséntase Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago. No mesmo, xunto aos autores, participa Xurxo Souto.
A Coruña: presentación de Banqueiros, coordinado por Francisco Pillado
O
mércores 30 de xaneiro, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participarán o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, e un dos autores, Lino Braxe, que escenificará, xunto cos actores Manuel Varela e Juan Carlos Mejuto, a obra Inverno occidental recollida no libro.
Vigo: presentación de transmuta, de Xabier Cordal
O
sábado 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, no local da A. C. Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11) de Vigo, preséntase transmuta, de Xabier Cordal, publicado en Xerais.


