Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Bertamiráns: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
xoves 24 de febreiro, ás 20:00 h., no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, acompañando ao autor, Rafa Villar e Silvana Castro. Colabora a Mesa pola Normalización Lingüística.
Santiago: presentación de A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados, de Carlos G. Reigosa
O
xoves 24 de febreiro, ás 12:30 h., na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi. 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago, terá lugar a roda de prensa de presentación aos medios do libro A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados de Carlos G. Reigosa, publicado en Xerais. No acto intervirán Ramón Villares, Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado. Entrevista en La Voz de Galicia, a través de Xerais.
Santiago: presentación de A grafía dos mapas, de Lupe Gómez
O
xoves 24 de febreiro, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A grafía dos mapas, de Lupe Gómez, publicado en Toxosoutos. No acto intervirán, acompañando á autora, Branca Novoneyra e David González Couso. Haberá unha actuación musical a cargo de Xabier Díaz e Guille Fernández. Entrevista en Galicia Hoxe coa autora.
Ourense: presentación de A pregunta perfecta, de Juan Tallón
O
mércores 23 de febreiro, a partir das 20:15 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase A pregunta perfecta, de Juan Tallón, publicado en Sotelo Blanco Edicións. finalista do Premio Lueiro Rey de novela curta do 2010. No acto o autor estará acompañado por Carmen Pereiras e Ánxela Gracián.
Vilaboa, Culleredo: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
O mércores
23 de febreiro, ás 20:00 h., na Aula de Poesía da Biblioteca Uxío Novoneyra de Vila Melania, en Vilaboa (Culleredo), preséntase Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto participan Celestino Poza, María Casar e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Santiago: presentación de Decrescimento, crise e capitalismo, de Carlos Taibo
O
mércores 23 de febreiro, ás 19:00 h., na Sala 6 da Faculdade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Taibo presenta Descrecimento, crise e capitalismo, publicado en Estaleiro Editora.
Vigo: presentación e recital de As catro estacións, de Antonio García Teijeiro
O martes 22 de febreiro, ás 20:00 h., en Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, terá lugar unha presentación e recital poético co gallo da nova edición de As catro estacións, de Antonio García Teijeiro, publicado en Galaxia. No acto participará, canda o autor, Francisco Castro, e un grupo de nenos e nenas, dende 4º de primaria ata 4º da ESO, que recitarán e cantarán cancións do libro. Entrevista posterior en Faro de Vigo.
Ponteareas: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 18 de febreiro, ás 20:30 h., no local comarcal do Bloque Nacionalista Galego (Rúa Mestres, 8, baixo) Ponteareas, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, acompañando ao autor, Xosé Manuel Moo. Colabora a Mesa pola Normalización Lingüística.
Viveiro: presentación de Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo
O
xoves 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Local Social de Caixa Galicia (Rúa Pastor Díaz, 60) de Viveiro, preséntase o libro Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo, publicado pola Editorial Trifolium. No acto acompañarán ao autor Xoán Neira e Xan Arias.