Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Cangas: presentación de San Meteoro, de Josiño Araújo
A Coruña: presentación de As vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado, en Cántigas da Terra
Negreira: presentación de Aves turquesas da soidade, de Ramón Torrado Romero
Moaña: presentación de Vidas e historias LGTB da Idade Media, de Carlos Callón
Boiro: presentación de Esconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Vilalba: presentación de Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, de Luz Darriba
A Pobra do Caramiñal: presentación de Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras Loureiro
Desde Galaxia:
“O venres 30 de maio, ás 12h00, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024.
No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; Chus Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia; e o propio autor, Óscar Reboiras.
A presentación contará coa asistencia do alumnado de 5º de Primaria do CEIP Salustiano Rey Eiras, que terá a oportunidade de coñecer de primeira man unha historia chea de maxia e tenrura.”