Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Festigal 2023: programación da Galería das Letras e das Ideas
Vídeo da presentación en Vigo de 50 aniversario. Fuxan os ventos, de Mero Iglesias
Rianxo: actividades do 25 de xullo na Feira do Libro 2023
Gres, Vila de Cruces: presentación de Fóra de rexistro, de Virxilio Rodríguez Vázquez
Moaña: presentación de O Campo das Laudas, de Calros Solla
Rianxo: actividades do 23 de xullo na Feira do Libro 2023
Rianxo: actividades do 22 de xullo na Feira do Libro 2023
Lugo: presentación de Coímbra, de Xosé de Cea
“Galicia difunde a súa literatura medieval en Xapón en formato libro e CD”
Desde Código Cero:
“O 15 de xuño celebrouse no Pazo de San Roque a presentación do libro Convite para as Cantigas de Santa María, elaborado por Takekazu Asaka, profesor emérito da Universidade Tsudajuku de Toquio, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dun volume co que difundir a literatura medieval galega en Xapón.
Na cita participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen fixo saber que se trata dunha edición bilingüe en galego e xaponés que recompila sete cantigas de Santa María e analiza as composicións realizadas baixo a dirección de Afonso X O Sabio co fin de achegarllas ao público nipón.
García agradeceu ao profesor Takekazu Asaka “o seu labor como divulgador da lingua e da literatura galega no Xapón, ao que lle leva dedicado moitos esforzos e do que esta publicación é só a última e moi coidada mostra”.
Canda Valentín García tamén participaron neste acto, que tivo lugar no Pazo de San Roque, Henrique Monteagudo, membro da Real Academia Galega e autor do prólogo do volume; Armando Requeixo, crítico literario, e o propio Takekazu Asaka.
Convite para as Cantigas de Santa María compila un conxunto de dez ensaios arredor das cantigas de Santa María, onde se analizan cuestións como a súa historia codicolóxica, o seu contido, as miniaturas que o iluminan, a súa música ou a súa lingua, entre outros. A maior parte destes ensaios débense ao propio Asaka, mais tamén se integran outros artigos dos estudosos Hitomi Asano, Yuri Sugüimoto e Shinya Agario.
Aos ensaios sinalados súmase a edición bilingüe galego-xaponesa de sete Cantigas de Santa María, que se completan cun amplo glosario que explica, en lingua nipoa, moito léxico característico destas composicións galego-portuguesas medievais.
O volume, que se publica baixo o selo Güinga Xobou (que en tradución ao galego quere dicir Vía Láctea), foi editado en Toquio esta primavera e leva como ilustración de cuberta un deseño do artista Xosé Vizoso. O libro vén acompañado dun CD coas sete cantigas traducidas que son interpretadas musicalmente polo Ensemble TrouBour, grupo de cámara xaponés.
Esta obra súmase a outros traballos realizados anteriormente polo profesor Asaka, especialmente á súa Introdución ás Cantigas de Santa María (2022), que a presente obra aumenta e mellora.”