Pontevedra: presentación de De mariño a poeta, de Manel Monteagudo

O 29 de outubro, no Sanatorio (Rúa Andrés Muruais, 9), en Pontevedra, Manel Monteagudo presenta o seu libro de poemas De Mariño a Poeta, publicado por Medulia. No acto, avalado polos responsables da web De Vella a Bella, Ana Santos dirixirá o diálogo e as preguntas, ao que se sumará o recitado dalgúns dos seus poemas, feito no que poderá participar o público alí presente.

A Coruña: presentación de Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro

O 28 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase a novela Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro, publicada por Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse mediante este formulario.

Compostela: presentación de Memorias dun profesor, de Xacobe Medina Dacasa

O 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, Xacobe Medina Dacasa presenta o libro Memorias dun profesor, publicado por Edicións Fervenza. No acto, o autor estará acompañado polo músico e estudante de filosofía Raúl Temperán. Así mesmo, contarase cunha sorpresa musical a cargo do propio autor, Xacobe Medina. Cabe sinalar que o acto tamén será retransmitido pola canle de Youtube “xaco medina”.