A Coruña: presentación de Cultura e política na Galicia do século XX, de Ramón Villares

O martes 22 de xuño, ás 19:00 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña, preséntase o libro Cultura e política na Galicia do século XX, de Ramón Villares, publicado por Galaxia. Acompañando o autor, asistirá Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Para as persoas interesadas, recoméndase reservar praza no seguinte teléfono: 981 21 60 15 (reserva de entradas por persoa: 2).

Vilagarcía, Cidade do Libro 2021: actos destacados do 21 e 22 de xuño

O 21 de xuño comeza Vilagarcía, Cidade do Libro (na Praza da II República e no Parque de Miguel Hernández), organizada polo Concello de Vilagarcía, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Luns 21
– 12:00 h. Na Illa de Cortegada, presentación de Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, publicado por Galaxia.
A partir das 19:30 h., na Praza da II República, o autor asinará exemplares da súa obra.

Martes 22
– 19:00 h. No Escenario de Autoras-es da Praza da II República, A ovella Engracia, contacontos a cargo de Lucía Aldao e María Lado.
– 21:00 h. No Escenario de Autoras-es da Praza da II República, Encontro literario moderado por Montse Fajardo, con introdución dunha lectura poética de Andrea Fernández Maneiro, coa participación de Marilar Aleixandre, Arantza Portabales e Nieves Abarca.
Previamente, ás 19:30 horas, as autoras asinarán exemplares das súas obras.

Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 19 e 20 de xuño

O 20 de xuño finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 19
– 12:00 h. Jamas asina Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
– 18:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Lorena Conde asina As mil vidas de Dorotea, publicado por Cuarto de inverno, e As puntas da louza, publicado por Aira.
– 20:00 h. Carlos Méixome asina Catas na memoria, publicado por Laiovento.

Domingo 20
– 12:00 h. Hortensia Bautista asina Bambán de vento, publicada pola Fundación EDMAIA.
– 13:00 h. Moncho Iglesias Míguez asina Cheira, publicado por Urutau.
– 18:00 h. María Reimóndez asina Cobiza e Bárbaras!, publicadas por Xerais.
– 19:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.

Carballo: presentación de A pintora libertaria, de Pepe Carballude

O 18 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Brañas de Carballo (Rúa Doutor Fleming, 43-45), celébrase a presentación de A pintora libertaria, de Pepe Carballude, publicado por Galaxia. No acto, acompañando o autor, estará o xornalista Xosé Ameixeiras.

Lalín: presentación de O Naranxo no Trasmundo, de Inma Vilariño

O sábado 19 de xuño, ás 12:00 horas, no exterior do Pazo de Liñares, en Lalín (en caso de chuvia, no interior do edificio), preséntase o libro O Naranxo no Trasmundo, de Inma Vilariño, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; pola concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lalín, Begoña Blanco Blanco; pola ilustradora Amalia López Brea “Luchi”; polo cronista dezao Daniel González Alén, e pola profesora e escritora Charo Golmar. No acto, contarase ademais coa actuación do grupo Hadhietxekos.