Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: presentación de Santa Inés, de Lorena Conde
A Pobra do Caramiñal: presentación de Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte
Lugo: Helena Domínguez presenta A construción mediática do conflito
Narón: presentación de Recortes de risa, de José Luis Graña Muíño
O 25 de xuño, ás 20:30 horas, no Local Social A Solaina, de Narón (Rúa Mercedes Freire Lago), preséntase Recortes de risa, de José Luis Graña Muíño, publicado por Fervenza. Acompañan ao autor a filóloga Sonia Alonso e o actor Alejandro Alonso. Ademais, contarase cunha lectura dramatizada dun fragmento da peza +Positivo, incluída no libro.
Compostela: presentación de Un galego no Camiño Portugués, de Xosé Benito Reza
O 24 de xuño, ás 18:00 horas, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, preséntase Un galego no Camiño Portugués, de Xosé Benito Reza, publicado por Edicións Fervenza. No acto, o autor estará acompañado de Manuel González e Valentín García Gómez.
Rianxo: presentación de A presenza de Castelao en Euskadi, de Xosé Estévez
Vídeo da presentación en Vigo de Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, de Montse Pena Presas
Compostela: presentación de Diario dos mapas, de Almudena Otero Villena
Presentación en liña de 17 segundos, de Kirmen Uribe, co seu tradutor, Isaac Xubín
O 22 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase, de maneira telemática, a presentación do poemario 17 segundos, de Kirmen Uribe, publicado por Galaxia. Acompañando o autor, estarán o tradutor da obra, Isaac Xubín, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
As persoas interesadas poden seguir a presentación a través de Google Meet, na seguinte ligazón: https://meet.google.com/jcc-juaz-gzj






