Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Guías caninos, de Bieito Iglesias
Lugo: presentación de Un home estraño, de Antonio Tizón
Betanzos: Xulio López Valcárcel revisa a figura de Xesús de Nazaret
Porriño: actividades destacadas do 9 de maio na Feira do Libro 2019
O
9 de maio comeza a Feira do Libro de Porriño (na Rúa Ramón González), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:30 h. Acto de inauguración da feira: con pregón da escritora Clara do Roxo.
– 20:00 h. Presentación de libro: Actrices secundarias, de Clara do Roxo, publicado por Elvira Editorial.
Compostela: IV Xornadas de Nova(s) Narrativa(s)
Pontevedra: presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
Compostela: presentación de [sen-fin], de Eduardo Estévez
Pisa: Encontro sobre a literatura galega onte e hoxe
O martes 7 de maio terá lugar un encontro na Universidade de Pisa onde se presentarán as tres obras que desde os Centros de Estudos Galegos de Italia se publicaron no ano 2018. A esta cita acudirán os directores dos tres centros que existen neste momento en Italia: Giovanni Borriero da Universidade de Padova, Attilio Castellucci da Universidade La Sapienza de Roma e Carlo Pulsoni e Marco Paone da Universidade de Perugia. Con eles conversarán Fabrizio Cigni e Valeria Tocco en representación da Universidade de Pisa.
Organiza o encontro a cátedra Antero de Quental–Camões integrada no Departamento de Filoloxía, Literatura e Lingüística da Universidade de Pisa. Cómpre destacar a vitalidade dos Centros de Estudos Galegos de Italia xa que no ano pasado deron ao prelo os volumes Lois Pereiro. Poesia ultima di amore e malattia a cargo de Marco Paone e publicada pola editorial Aguaplano, unha tradución do célebre libro do autor monfortino; La letteratura galega. Autori e testi, a cargo de Giovanni Borriero e Gemma Álvarez Maneiro publicada pola editorial Carocci, e La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, a cargo de Pär Larson e publicada tamén por Carocci.
De feito, esta última editorial, de grande prestixio no ámbito universitario italiano, habilitou a colección Finisterrae coa finalidade de dar a coñecer textos relacionados co ámbito cultural galego. A selección e edición dos volumes da serie Finisterrae corre a cargo dos tres directores dos centros de Estudos Galegos en Italia.







