Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Compostela: proxección de Vértice de Versos e Versogramas
Ourense: actividades destacadas da Feira do Libro o 1 de xuño
O
1 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Presentación de Flor negra, de Genaro da Silva, publicado por Chan da Pólvora.
– 20:00 h. Recital poético arredor do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, publicado por Alvarellos.
– 21:00 h. Presentación de Os Eidos de Novoneyra, do selo da Biblioteca da Mesopotamia, de Chan da Pólvora.
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do venres 1
O
venres 1 de xuño abre as súas portas a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 17:30 h. Espazo efémero. Inauguración SELIC. Brinde con Rosalía de Castro.
– 18:30 h. Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos. Deputación da Coruña. Presentación do libro de Xohana Torres. Participarán á Vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín Rei, Xan Carballa e Ana Romaní.
– 19:30 h. Xandobela. Poemas estampados. Obradoiro creativo no que ilustraremos poemas con selos e tintas de cores.
– 21:30 h. OFF SELIC. Quico Cadaval. Contada a cargo de Quico Cadaval organizada polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago.
Carral: XII Agasallo a Luís Seoane
Compostela: presentación de Mulher à beira de uma largada de pombos, de Maria Jorgete Teixeira
Betanzos: presentación de Atlantidae. Mulher d’Água, de Adela Figueroa
Pontevedra: presentación de Mulleres bravas da nosa historia
Vigo: presentación de Á deriva, de Henrique Dacosta
Ourense: actividades destacadas da Feira do Libro o 31 de maio
O
31 de maio continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de Nube Branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía, publicado por Baía.
– 20:00 h. Foro-debate sobre Bemposta e o libro O trapecista da malla de rombos, de Alberto Canal, publicado por Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Álvarez, Jorge Emilio Bóveda, Antonio Martínez, Chelo Rodríguez e Marisol Babarro. Actuación musical de Canción Carpa de Luna.






