A sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, no Corte Inglés de Santiago de Compostela, Miguel Anxo Fernández asina exemplares de Un dente sen cadáver e outras obras súas.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Lugo: presentación conxunta de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra
O sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar unha presentación-vermú de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, publicados en Positivas. No acto participa, xunto aos autores, Marica Campo.
Malpica: Cea das Letras 2016
Betanzos: presentación de Duración da penumbra, de Miguel Anxo Fernán-Vello
Lalín: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O venres 4 de novembro, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller Ulloa, en Lalín (Rúa Ramón Aller, 9), terá lugar a presentación da novela As horas roubadas, de María Solar, publicada por Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Lalín, participa, xunto á autora, Gracia Santorum.
Ribeira: presentación de Elas, de Aurora Marco
Ferrol: presentación de Curso de Linguística Geral, de Ígor Lugris
A sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa dos Batallóns, 7 – Esteiro), en Ferrol, terá lugar a presentación do libro de poema de Ígor Lugris Curso de Linguística Geral, publicado por Através. No acto, o autor estará acompañado por Susana Sánchez Arins.
Compostela: presentación de As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX
A sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, preséntase o libro As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX, publicado en Laiovento, con Justo Beramendi, coautor do libro, e Uxío-Breogán Diéguez, coordinador e tamén coautor do libro.
Noia: presentación de Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias
O venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.
Carballo: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
A quinta feira 3 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo, terá lugar a presentación de seique, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora. No acto, a autora estará acompañada por Mercedes Queixas.