O venres 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias, publicado en Xerais, e Xeografías do deserto (libro CD), de Ramón Caride. No acto participan, xunto ao autor, Domingo Tabuyo, María Leyra e Manuel Bragado, e tamén contará coa actuación musical dos participantes en Xeografías do deserto: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Illa de Arousa: “Océano para Terrícolas”, espectáculo arredor de Contos do mar de Irlanda, con Xurxo Souto
O venres 13 de maio, a partir das 21:00 horas, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, Xurxo Souto protagoniza a performance interactiva Oceáno para terrícolas, baseada no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Ribadeo: presentación de Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas
Ourense: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
A Coruña: presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga
Pontedeume: presentación de Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas
O xoves 12 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, preséntase Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia, nun acto organizado polo Ateneo Eumés.
Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Compostela: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga
A quinta feira 12 de maio, ás 20:30 horas, decorrerá na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21), en Santiago de Compostela, o lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, do Carlos Quiroga, publicado por Através. O evento contará coa presenza de Elias J. Torres Feijó.