O
venres 21 de xullo, ás 20:30 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), de Santiago de Compostela, preséntase a antoloxía 13. Antoloxía da poesía galega próxima, publicado por Chan da Pólvora Editora. No acto participan o editor, Antón Lopo, a antóloga Chus Nogueira, o coordinador Anxo Quintela e as poetas Alicia Fernández, Berta Dávila, Oriana Méndez, Celia Parra, Xabier Xil Xardón, Samuel Solleiro, Jesús Castro Yáñez e Antón Blanco.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Feira do Libro de Rianxo: actividades literarias destacadas do sábado 22 e domingo 23
O
domingo 23 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 22
– 12:00 h. Teatro: A galiña azul, de Carlos Casares, por Fran Rei.
– 13:00 h. Encontro con X. Ricardo Losada, arredor de Bótame deste mar fóra, publicado por Toxosoutos. No Salón de Plenos do Concello de Rianxo.
– 20:30 h. Presentación do libro Corredora, de María Reimóndez, publicado por Xerais. No acto participa, xunto á autora, Manuela Vázquez Coto.
Domingo 23
– 13:00 h. Presentación de Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, coordinado por Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, publicado por Alvarellos. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello. No acto, coorganizado pola editora, o Concello e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, participan, xunto aos coordinadores, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.
Anguieiros, Quiroga: presentación de Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez
Bueu: presentación de Travesía por tres momentos da historia de Bueu
Feira do Libro de Rianxo: actividade literaria destacada do venres 21
O
venres 21 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 21:00 h. Presentación de Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, publicado por Xerais.
Sada: presentación de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, de Vanesa Santiago
Feira do Libro de Rianxo: actividades literarias destacadas do xoves 20
O
xoves 20 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 13:00 h. Pregón a cargo de María Canosa.
– 20:30 h. Presentación de A cova da moura, de Natalia Carou, publicada por Baía Edicións.
Compostela: presentación de Sofía e Salgueiro Maia, de Suso Díaz
O
xoves 20 de xullo, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Suso Díaz presenta os libros Sofía e Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía, editados por Ediciones Liliputienses. No acto estará acompañado por Daniel Salgado.



