Por cuestións de aforo, prégase confirmar asistencia no teléfono 981570265 ou no correo electrónico info@bautistaalvarez.org
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Cangas: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O xoves 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9), de Cangas do Morrazo, preséntase Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Manuel Portas: “Este país non se pode permitir o luxo de que os sectores máis avanzados sexan fagocitados pola moda do momento”
Entrevista de Carme Vidal a Manuel Portas en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): En Amor en alpargatas a morte do protagonista convida a facer balance da súa vida, un nacionalista ex-militante en Compostela. Algunhas referencias, lugares, momentos… son identificábeis, que toma da realidade para construír a súa novela?
– Manuel Portas (MP): A literatura pode ser, como o cine, de ciencia ficción ou máis apegada á realidade, máis verosímil. A novela non corresponde a unha biografía concreta nin era iso o que se pretendía, agora ben, hai elementos que soan a realidade porque estamos a falar dun país concreto, dunha xeración precisa -dez anos por riba do meu tempo- e cunha experiencia vital nese mundo nacionalista que pode ter detalles tirados de biografías diferentes, sen ser ningunha existente. (…)
– SG: “Non hai tempo para o orgullo. O país non pode agardar por feridas particulares. Vaille a vida.”, escribe na novela. Que hai do autor nesa confesión do protagonista?
– MP: O que expresa ese monólogo o protagonista en solitario na súa casa é unha reflexión moi estendida no mundo nacionalista, en persoas que están desactivadas e ven o que está a pasar con ollos perplexos. Sen vontade de se converteren en elementos activos, a distancia das estruturas organizativas e o paso do tempo fan que se sexan, en certa medida, observadores privilexiados que se preguntan cal é o futuro e non tanto do nacionalismo senón do pais. Nese punto de vista cuestionen tamén o nivel de irresponsabilidade que fai que, nun momento tan crucial para a historia, sigamos a discutir polos marcos das leiras. Xa non vale aquilo de “xa o diciamos nós”, a tal altura é miope e non contribúe a nada. Compre moito diálogo e este país non se pode permitir o luxo de que os sectores máis avanzados podan ser fagocitados pola moda do momento. (…)
– SG: Catro novelas e, polo que vexo, moitos proxectos na cabeza. Demorou mais, é mostra da ansia que tiña de se converter en escritor?
– MP: Un está todo o día creando, en cada mirada, en cada situación, nalgunha pequena noticia do xornal aparecen historias que tiran, ás veces impresionantes e con protagonistas anónimos que son mesmo superiores literariamente á propia narrativa. A literatura está demasiado chea de figuras e a xente normal ten dereito a verse reflectida nas obras. Cotián e anónimo non significa vulgar. Cada historia ten un prisma, un olor, un sabor, que a fai diferente e o reto está en captar eses recendos particulares. (…)”
A Coruña: presentación de O bigote de Mimí, de Manuel María
Ferrol: presentación de Froitos do tempo
Compostela: presentación e charla sobre A vitoria final, de Julen Ribas e Iban Zaldua
Cangas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Maraxe de Cangas (Avenida de Marín, 9), preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, que contará coa participación do propio autor, inclúe a presentación do proxecto documental Os gaiteiros do mar (en homenaxe aos gaiteiros de Cangas Lito de Pinténs e Manoliño de Donón).
Vigo: presentación de María Xosé Queizán. Unha nena seducida polos libros, de María Xosé Queizán
Compostela: presentación de Lar. Nai. Pan, de Xosé Neira Vilas
Lugo: presentación de Galicia Encantada, de Antonio Reigosa
O martes 10 de febreiro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Noemí López e Manuel Bragado, quen manterán un faladoiro con J. Manuel Blanco Prado, Xosé María Carricoba, María Celina Cruz, Adela Figueroa, Xosé María Gómez Vilabella, Xabier Moure e Isidro Novo.