Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Revista Galega de Teatro anova o equipo, o deseño e o seu nome
Desde
a Asociación de Actores e Actrices de Galicia:
“A Revista Galega de Teatro saca á súa rúa o seu número 87 e faino estreando deseño, nome e equipo. O acto de presentación do novo número terá lugar o xoves 17 de novembro ás 20:30 horas na Sala Ártika de Vigo (Avenida da Beiramar, 113).
O evento contará coa intervención do novo equipo de dirección, formado por Vanesa Sotelo (Directora), Manuel Xestoso (Subdirector) e Roberto Pascual (Secretario), xunto coa presenza de Antón Lamapereira, Presidente do Consello Editorial da publicación, e do Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal. A creadora María Roja completa o programa da presentación coa intervención Facerse a morta no medio do corredor. Ao finalizar, servirase un viño para brindar pola ocasión acompañado por unha actuación musical sorpresa.
A Revista Galega de Teatro estrea equipo, deseño e nome sen renunciar á esencia dun proxecto que naceu hai máis de trinta anos. Así, a RGT transformada en erregueté mantén as súas seccións habituais recuperando a sección de Banda Deseñada con “A Pataca Quente de Rubina Kenéve” e incorporando un novo espazo de creación baixo o nome de “Ruxerruxe”. Dedicado á Dramaturxia Galega, entre os contidos destacados deste número 87 atópanse a entrevista co director teatral Oskaras Korsunovas e a edición en galego de A obediencia da muller do pastor, de Sergio Martínez Vila, gañador do XL Premi Born de Teatre.
A RGT é unha publicación trimestral dedicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas.”
A Coruña: presentación de Curso de Linguística Geral, de Igor Lugris
A
cuarta feira, 16 de novembro, ás 20:00 horas, en Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4), na Coruña, Igor Lugris presenta o poemario Curso de Linguística Geral, publicado por Através Editora. No acto estará acompañado por Estíbaliz Espinosa.
Vigo: presentación do número 65 da Revista Galega de Educación
A Coruña: recital poético-musical Nunca mascotas, de Paula Carballeira
Ponteareas: presentación de Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Sada: presentación de Querido Eduardo
Marín: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Noia: presentación de Transición, de Pablo Fernández Barba
Pontevedra: presentación de A dúbida, de María Reimóndez
A
quinta feira 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29), en Pontevedra, preséntase A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. A autora estará acompañado no acto por Leticia Gómez e Isabel Pece (psiquiatra e psicóloga colaboradoras de AMINO.gal) e por Manuel Bragado.






