O martes 10 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12, baixo) de Vigo, preséntase Feitizo de sangue, segunda parte da triloxía As crónicas de Landereina, de Sabela González, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participa Francisco Castro.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Compostela: presentación de Escuro, de Ana Luísa Amaral
A terza feira 10 de febreiro, ás 19:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, Ana Luísa Amaral presenta o seu máis recente libro, Escuro, publicado por Assírio e Alvim. No acto, xunto á autora, participa Carlos Quiroga.
A Coruña: presentación de A Divina Comedia, de Dante, traducida ao galego por Darío Xohán Cabana
O xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase A Divina Comedia, de Dante, en tradución realizada por Darío Xohán Cabana, publicada por Edicións da Curuxa. No acto, xunto ao tradutor, participan Xosé Luís Axeitos, Anxo Angueira e Xulio López Valcárcel.
Betanzos: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto e De Liverpool ás Sisargas, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio
O venres 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón Azul da Aula Municipal de Cultura de Betanzos, dentro das Xornadas Oceánicas organizadas pola A. C. Roxín Roxal, preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e De Liverpool ás Sisargas: a derradeira viaxe do Priam, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio, publicado por Embora.
Compostela: presentación do libro Marcelino Gómez Arias, de Perfecto Ramos
Presentadas as actas dun simposio sobre lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa
Desde Cultura Galega:
“Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa é unha publicación que se achega a esta zona xeográfica desde a perspectiva histórica, antropolóxica pero sobre todo lingüística. O volume, foi presentado o xoves 29 de xaneiro por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ernesto González, director do Instituto da Lingua Galega (ILG) e Xulio Sousa un dos tres editores deste volume xunto con Rosario Álvarez e Marta Negro. A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións así como as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume. Nel tamén se analizan os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.”
Vigo: presentación de Galicia: un pobo con futuro?
O xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Santiago González Avión, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.
Antonio Tizón: “A novela negra é tamén unha forma de retratar unha sociedade corrupta”
Compostela: presentación de Espectros, de Rosa Enríquez
O mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, Rosa Enríquez presenta o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado pola editora O Figurante. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Ismael Ramos.
A Coruña: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
O mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo e Manuel Bragado.