O
venres 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Mondariz (Rúa Meuroces, s/n), terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, publicada por Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Isabel Blanco.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Bandeira: presentación de Nordeste, de Daniel Asorey
A Coruña: presentación de Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo do exterior con Sebastián Martínez-Risco, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
Compostela: presentación de Poemas de Amor en Outono, de Toño Núñez
O
xoves 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Toño Núñez presenta o libro Poemas de Amor en Outono. Acompañarano Armando Requeixo e Nacho Alonso. Tamén recitarán os poetas Antom Laia, Ánxela Gracián, Eva Xanim, Iolanda Aldrei e Xesús Manuel Valcárcel. O cantautor Miguel Alonso dará as notas musicais.
A Coruña: presentación de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro e Nicolás Xamardo
A
quinta feira 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lume (Rúa Fernando Macías, 3), na Coruña, Vítor Vaqueiro presenta o libro Da identidade à norma, editado por Laiovento, da que é autor xunto con Nicolás Xamardo. No acto participa, xunto ao autor, Pilar García Negro.
Pontevedra: presentación e coloquio sobre Pelerinaxes, de Simone Saibene
Carballo: presentación de O falar das fadas, de Xosé Manuel Sánchez Rei
Lugo: presentación de A dúbida, de María Reimóndez
O
luns 6 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), de Lugo, terá lugar a presentación do libro A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto acompañan á autora Noelia Darriba e Naiara González, educadoras sociais de AtalaiA.





