Desde
Coruña Daily News:
“(…) O seguinte acto celebrarase o mércores 29 cara ás sete da tarde. Trátase dun encontro con docentes do escritor Carlos Negro. Nel, o autor falará sobre o seu ensaio Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas, que vén de gañar o Premio ao Mellor Ensaio na I Gala do Libro Galego.
Segundo Antía Otero, “é un título do que queríamos que se vise a súa finalidade. Recolle seis artigos de seis escritores que traballan de xeito activo coa palabra, e que visitan moitos centros de ensino e obradoiros. Ademais, o propio Carlos Negro é mestre. Parecíanos unha figura para ter un encontro específico cos mestres, que conte as ferramentas que emprega e a súa experiencia arredor do seu traballo”.
Ao día seguinte, xoves 30 de xuño ás 20 horas, a librería Moito Conto será escenario dun recital poético dos alumnos que participan nos obradoiros literarios que organiza Apiario. (…)
En canto ao nivel da poesía na cidade da Coruña, Antía Otero di que “é un luxo”. “Está tendo un repunte importantísimo. Cando convidamos autores de fóra para dar charlas ao alumnos, ou vir a algún recital, marchan encantados da atención do público, da escoita. É algo que se foi xerando co traballo continuado de ciclos como o Poetas Di(n)versos, de recitais ou de obradoiros e actos. Hai un especial interese na poesía. Penso que como axentes culturais temos que evitar que se convirta nunha moda pasaxeira. Hai que velo como unha oportunidade de seguir medrando. Temos que ser sensibles”.
Sobre esa sensibilidade poética xirará o último acto da Semana Apiario, que se celebrará o luns 4 de xullo cara as oito da tarde. Tratarase dun encontro entre os lectores e a poeta María do Cebreiro arredor do seu poemario O Deserto. “É unha autora moi prolífica e cunha gran traxectoria. Queremos ter unha conversa co lector, que a coñezan, que saiban como se constrúe un libro desde o seu inicio”, explica. “Ten unha facilidade comunicativa marabillosa, cun gran discurso tanto na escrita como verbalmente. E queremos compartir iso cos lectores”.
Sobre o futuro da poesía, Antía Otero afirma que “estamos a vivir un tsunami de calidade”. “É abraiante. A xeración que está comezando, aqueles autores menores de trinta anos, é unha xente dunha calidade brutal”, di. “É emocionante ver desde que lugar se está escribindo e con que entrega e rigor”.
Apunta tamén que “hai que celebrar cada vez que se emprende un proxecto que ten que ver coa literatura nun lugar coma Galicia. Estamos a favor diso e de que a situación prospere. Estamos nun momento no que temos que coidar o que emerxe”. E presenta un futuro positivo. “Cada vez hai unha maior confianza en nós mesmos, no que somos e no que estamos a construír”.”
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: conversa arredor de O anxo negro, de Manuel Gago
Compostela: presentación de Peixe Babel, de Carlos Quiroga
Pontevedra: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
Madrid: presentación de Contos do Mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
martes 28 de xuño, ás 19:30 horas, no Círculo de Bellas Artes de Madrid (Alcalá, 42), Xurxo Souto presenta o seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Antón Patiño e David Cooney, embaixador de Irlanda en España.
Compostela: presentación de Querido Eduardo. Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor
Trasalba, Amoeiro: Festa Literaria do Premio Trasalba 2016, concedido a Camilo Nogueira
Pontevedra: Cultura que une, actos da cultura galego-portuguesa
Ourense: presentación de De camiños, viaxeiros e camiñantes, de Santiago Lamas e Alfonso Mato
Compostela: presentación do libro colectivo Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
O
martes 21 de xuño, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, segundo andar), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez (editores) e Anxo Rodríguez Paz (edición gráfica), publicado por Xerais. No acto participan Ramón Villares, Felipe Criado, César Parcero Oubiña e Manuel Bragado.






