Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ferrol: presentación de Froitos do tempo
Compostela: presentación e charla sobre A vitoria final, de Julen Ribas e Iban Zaldua
Cangas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Maraxe de Cangas (Avenida de Marín, 9), preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, que contará coa participación do propio autor, inclúe a presentación do proxecto documental Os gaiteiros do mar (en homenaxe aos gaiteiros de Cangas Lito de Pinténs e Manoliño de Donón).
Vigo: presentación de María Xosé Queizán. Unha nena seducida polos libros, de María Xosé Queizán
Compostela: presentación de Lar. Nai. Pan, de Xosé Neira Vilas
Lugo: presentación de Galicia Encantada, de Antonio Reigosa
O
martes 10 de febreiro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Noemí López e Manuel Bragado, quen manterán un faladoiro con J. Manuel Blanco Prado, Xosé María Carricoba, María Celina Cruz, Adela Figueroa, Xosé María Gómez Vilabella, Xabier Moure e Isidro Novo.
Vigo: presentación de Feitizo de sangue, de Sabela González
O
martes 10 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12, baixo) de Vigo, preséntase Feitizo de sangue, segunda parte da triloxía As crónicas de Landereina, de Sabela González, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participa Francisco Castro.
Compostela: presentación de Escuro, de Ana Luísa Amaral
A
terza feira 10 de febreiro, ás 19:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, Ana Luísa Amaral presenta o seu máis recente libro, Escuro, publicado por Assírio e Alvim. No acto, xunto á autora, participa Carlos Quiroga.
A Coruña: presentación de A Divina Comedia, de Dante, traducida ao galego por Darío Xohán Cabana
O
xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase A Divina Comedia, de Dante, en tradución realizada por Darío Xohán Cabana, publicada por Edicións da Curuxa. No acto, xunto ao tradutor, participan Xosé Luís Axeitos, Anxo Angueira e Xulio López Valcárcel.




