O xoves 9 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, de Xosé Landeira Yrago, en edición de Renato Landeira, publicado por Auga Editora. No acto participan Xosé María Palmeiro, Renato Landeira e Xosé Antonio Perozo.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: presentación de Babelia en galego
Muros: presentación de A praza é nosa
Vigo: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na A. C. Bou Eva (Rúa Tercio de Fóra, 11) de Vigo, preséntase Desobediencia, de Rosa Enríquez, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, acompañando á autora, participa Anxo Angueira, autor do limiar.
As Pontes: concerto comentado de Haberá primavera, por César Morán
O venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa Dopeso (Rosalía de Castro, 28), As Pontes, terá lugar un concerto comentado do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, publicado en Galaxia, baseado en poemas de Álvaro Cunqueiro. No acto o autor estará acompañado por Afonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).
Betanzos: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A sexta feira 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Liceo de Betanzos, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e as asociacións Roxín Roxal e Eira Vella, en colaboración coa Deputación da Coruña, participará o propio autor.
Lugo: presentación de Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá
O venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro gañador do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicado en Espiral Maior. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Ergueitos, participan, xunto ao autor, María Casar, Baldo Ramos e Miguel Anxo Fernán-Vello.
A Coruña: presentación de 101 Falares com jeito, de Fernando Corredoira
A sexta-feira 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro 101 Falares com jeito, de Fernando Corredoira, publicado por Através Editora.
Pontevedra: presentación de Extramunde, de Xavier Queipo
O xoves 2 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, Edicións Xerais e o Ateneo de Pontevedra organizan a presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de novela de 2011. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Madrid: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O mércores 1 de febreiro, ás 19:30 horas, no auditorio da Universidad de Alcalá (Rúa Eloy Gonzalo, 3-5), preséntase o novo libro de poemas de Manuel Pereira Valcárcel, Tatuaxes, publicado en Follas Novas, nun acto organizado polo Espazo das Linguas Ibéricas.