Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Madrid: presentación de Avoíña-Abuelita, de Moncho Iglesias
Compostela e Ribadeo: presentacións da Axenda Feminista 2014. Teatreiras Galegas
A Coruña: presentación de Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias
O
mércores 4 de decembro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antía Otero, Xavier Seoane e Manuel Bragado.
Cesáreo Sánchez Iglesias presenta o seu último poemario: Caderno do Nilo
A Coruña, Betanzos, Compostela e Vigo: Susana Araújo, nos Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza
O Carballiño: presentación de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez
O
xoves 5 de decembro, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño, preséntase Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, publicado por Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e A Mesa pola Normalización Lingüística, participan, xunto ao autor, Eladino Cabanelas, César Varela e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
mércores 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Cadeas, de Xabier López, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ramón Nicolás e Fran Alonso.
Vigo: presentación de Carne de Leviatán, de Chus Pato
O
mércores 4 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez) de Vigo, preséntase Carne de Leviatán, de Chus Pato, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Elvira Riveiro e Carlos Lema.
Compostela: presentación dos catro textos galardoados nos premios de literatura dramática do AGADIC
O martes 3 de decembro, ás 19:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse os catro últimos textos galardoados cos premios de literatura dramática do AGADIC:
– Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– Un mosquito de nome Henri, de Raúl Dans, X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil) 2012, editado por Baía Edicións, e
– O refugallo, de Paula Carballeira, VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
No acto participan Jacobo Sutil, Manuel Bragado, Belén López, Gustavo Pernas Cora e Marcos Abalde Covelo.



