O
venres 1 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría O Pontillón (Avenida Concepción Arenal, 7) de Moaña, preséntase Emily on the road, de Ramón Blanco, publicado en Acha Escrava. No acto, xunto ao autor, participa Vítor Cancelas. Ao remate do acto haberá un recital poético.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Illa de Arousa: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro
A
sexta feira 1 de marzo, ás 18:00 horas, na Sala de Plenos do Concello da Illa de Arousa, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, José Manuel Vázquez Vázquez.
Santiago: presentación de Lusocuria, de Verónica Martínez Delgado
A
quinta feira 28 de febreiro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Lusocuria, de Verónica Martínez Delgado, publicado por O Figurante Edicións. No acto, xunto á autora, participa Teresa Moure.
Vigo: presentación de A punta de pistola, de Fran Alonso
O
xoves 28 de febreiro, ás 10:30 horas, no IES de Teis (Vigo), preséntase A punta de pistola, de Fran Alonso, publicada en Xerais. Na presentación, que está dirixida aos alumnos e alumnas da ESO do devandito centro e busca unha interlocución directa entre o escritor, a súa novela e os lectores e lectoras xuvenís, participan o director do centro, Fernando Carrasco, o editor Manuel Bragado, e o propio autor, cun grupo de 15 estudantes coordinados pola profesora Encarna Osorio (responsable do proxecto lector do centro) que entrevistará ao autor mantendo un coloquio áxil entre o escritor e os lectores e lectoras.
Pontevedra: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto, onde participan, xunto ao autor, Ramón Caride, Antón Sobral e Manuel Bragado, haberá tamén unha intervención musical a cargo de Abdoulaye Bilal Traoré. Organizan a editora e o Ateneo de Pontevedra.
A Pobra de Trives: V Congreso Manuel Luís Acuña. Nos tempos en que Acuña era bacharel, os 1 e 2 de marzo
O venres 1 e sábado 2 de marzo celébrase na Casa da Cultura da Pobra de Trives o V Congreso Manuel Luís Acuña, baixo o lema Nos tempos en que Acuña era bacharel, organizado polo Concello da Pobra de Trives, a Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense e Nova Escola Galega, baixo a coordinación de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
A inscrición pode realizarse aquí.
Venres,
1 de marzo
– 16:45-17:00 h. Reparto de material. Presentación da exposición de libros.
– 17:00-17:15 h. Inauguración oficial.
– 17:15 h.
* Narciso de Gabriel: Historia dos diferentes modelos educativos do ensino en Galiza.
* Xoán Carlos Domínguez Alberte: Terra de Trives, 37 – Valentín Paz‑Andrade, 39: coordenadas do nacemento dun poeta.
* Francisco García Sánchez: Anos dez en Trives. Música d’Os Trintas.
* Rosa Cid Galante: Breve revisión á situación educativa do primeiro terzo de século XX no partido xudicial da Pobra de Trives e as primeiras mulleres que acceden aos estudos superiores.
* José Luis Fernández Díaz: A música e o ensino da música en tempos de Manuel Luís Acuña.
* José Fernández Fernández: Solpor escolar na terra do ilustre mestre Manuel Luís Acuña: situación escolar actual na Pobra de Trives, introducindo elementos evolutivos de reflexión dende o pasado; relatorio da experiencia da escola de Trives.
* Gregorio Ferreiro Fente: A obra poética en galego de Valentín Paz-Andrade.
* Mercedes Queixas Zas: O feito lingüístico diferencial. Apuntamentos ao redor da galeguización do ensino galego na Revista Nós.
* José Manuel Vázquez López: “La Gota de leche” en Lugo e o papel da muller.
* Marília Julieta Rodrigues Gomes Ruivo: O professorado em tempos de Salazar.
* Carlos Callón: Continuidade e innovación na concepción lingüística de Valentín Paz-Andrade.
* Delfín Caseiro Nogueiras: O papel dos inspectores na conformación da norma culta do galego.
– 20:30 h. Concerto de música blues e rock do grupo Triblues (Praza do Reloxo).
– 21:30 h. Representación d’A natureza no reino da escuridade (inspirada nos tempos en que Manuel Luís Acuña era estudante en Trives), de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Grupo de teatro A Illa, do IES da Pobra de Trives.
Sábado, 2 de marzo
– 10:00 h. Xosé Manuel Cid Fernández: Os mortos do 36. 75 cabo de ano do asasinato de Antonio Caneda, mestre de San Xoán de Río.
– 10:30 h. Ramón Nicolás Rodríguez: Manuel Luís Acuña. Poeta de culto, figura popular.
– 11:00 h. Ana Cebreiros Iglesias: A incorporación da muller ao ensino secundario e superior.
– 11:30 h. Debate.
– 12:30 h. A Voz da experiencia: ex-alumnos de Acuña na Academia Bóveda e ex-alumnos de Bacharelato de Trives (anos do franquismo).
– 16:00 h. Documental As Silenciadas (de Pablo Ces), baseado na experiencia das mulleres na guerrilla antifranquista.
– 17:15-18:00 h. Aurora Marco López: As mulleres na guerrilla antifranquista.
– 18:15-19:15 h. Xesús Alonso Montero: Lingua e Literatura galegas entre dous séculos.
– 20:00 h. Clausura e concerto de voz-percusión a cargo de Xiana Lastra e Juan Collazo.
Ferrol: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
martes 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Nicolás Vidal, Bernardo Máiz e Manuel Bragado.
Allariz, Silleda, Ponteareas e Mondariz-Balneario: homenaxes a Rosalía de Castro
O domingo 24, en Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5), catro poetas (Concha Rousia, Iolanda Aldrei, Luz Fandiño e Artur Alonso) recitarán versos na honra de Rosalía acompañados polo trío de música medieval “Ars Anterga”. A lectura de poemas está aberta a quen queira participar.
Por outra banda, todas as persoas que merquen un libro en galego o 23 e 24 levarán de agasallo unha flor.
O Concello de Silleda, nun acto previsto para ás 16:30 horas, descubrirá un mural na rúa Santa Olaia para despois continuar coa lectura de poemas de Cantares Gallegos coa colaboración de Queremos Galego Deza. Están convocadas as asociacións culturais e locais, así como a comunidade educativa. Nos próximos días repartiranse poemas da escritora pola vila.
O mesmo domingo 24, ás 12:30 horas, na Rúa Rosalía de Castro de Ponteareas, a Asociación de Mulleres Floralba efectuará unha ofrenda floral a Rosalía, acompañando a lectura pública das súas obras. Ás 18:30 horas, realizarán a mesma acción na Praza da Auga de Mondariz-Balneario.
Sarria: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
venres 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Sarria (Rúa Marqués de Ugena, s/n), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, María Casar, presidenta da A. C. Ergueitos. Intervirán os músicos Miguel Pita Rodríguez, piano; Olg Dzevelo, clarinete; Vadim Yukhnevich, acordeón e Hugo Rodríguez Rey, violín, profesores do Conservatorio Cantiga de Sarria.
Vigo: tertulia-presentación de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
O
venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños de Bouzas (Rúa do Pazo) en Vigo, terá lugar unha tertulia-presentación arredor da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, publicada por Xerais. No acto, a artista plástica e escritora Paula Mariño e a autora do libro falarán sobre diferentes aspectos do texto e da creación literaria.