Artigo
de Armando Requeixo no seu blogue, Criticalia:
“Na tarde do martes 25 de xuño, nos locais que o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) ten en Gondomar, tivo lugar a presentación do volume facsimilar Lembranza da tecedeira, un poema autógrafo e inédito de Victoriano Taibo escrito en 1947 e que foi recuperado para esta edición dende o orixinal que conservaba a familia de Juan Novás Guillán, no seu día inspector de Educación e grande amigo do poeta.
O volume acompáñase de moi valiosos prólogos e estudos introdutorios de Antonio Valverde, Marta Dacosta e Miguel Anxo Mouriño e complétase cun cd no que o longo poema é recitado pola poderosa voz de Anxo Angueira sobre unha fermosa base musical ideada por Antón Seoane.
A poética de Taibo fica así incrementada con este achado, que trae ao seu corpus coñecido ata o de agora unha nova alfaia, confirmándoo como unha das voces senlleiras do Tempo das Irmandades e, por extensión, de toda a nosa lírica do pasado século. (…)”.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: comeza a Feira do Libro 2013
O
venres 28 de xuño bota a andar a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados neste día:
Venres 28
– 18:00 h. O escritor Xurxo Mariño asinará na caseta de Martin Códax Libraría Universitaria.
– 19:00 h. Inauguración. Pregón a cargo de Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– 20:30 h. Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Oviedo, escritor e editor de Libros de Pizarra). Presenta o acto Ramón Nicolás.
Ribeira: presentación de Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, de Laura Tato
Arteixo: lanzamento da Obra Seleta de Johán Vicente Viqueira
A
sexta-feira 28 de xuño, ás 20:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, terá lugar o lanzamento da Obra Seleta de Johán Vicente Viqueira, publicada pola Academia Galega da Língua Portuguesa. No acto participan António Gil Hernández, César Morán, José António Lozano e Maria Castelo.
Valencia: presentación de varios poemarios da editorial Lastura
Betanzos: presentación de Viagem ao Curdistám, de Séchu Sende
A
sexta feira 28 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, preséntase o libro Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, de Séchu Sende, autoeditado polo seu propio autor.
A Coruña: presentación do libro Que se lixe a troika!, de João Camargo
Cambados: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
xoves 27 de xuño, ás 20:30 horas, nas instalacións de Exposalnés de Cambados (Praza da Calzada), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado coa Libraría Ramón Cabanillas, participa, xunto ao autor, Francisco Fernández Rei.
Ourense: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
xoves 27 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Mercedes Suárez e Manuel Bragado.
Malpica: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A
cuarta feira 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Cívico de Malpica, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Caldeirón e A Mesa pola Normalización Lingüística.


