Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Morreu o demo, acabouse a peseta
O
venres 14 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Campo de Marte, s/n) da Coruña, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, que recolle unha investigación sobre o legado de Barriga Verde. No acto, coorganizado coa Librería Sisargas, participan Anxo García e Germám Ermida, da Asociación Cultural Morreu o demo.
Betanzos: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A
quinta feira 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa Libraría Carricanta.
Ourense: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Ourense: actividades literarias destacadas do sábado 8 e domingo 9 na Feira do Libro
O
sábado 8 e domingo 9 de xuño remata a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Sábado 8
– 13:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde. Presentación do libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
– 19:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
– 20:00 h. Presentación do libro A máscara de Ulises, de Xosé Carlos Caneiro, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director da editorial.
Domingo 9
– 20:00 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado por Redelibros.
– 20:30 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado por Redelibros.
A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
A Coruña: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A
sexta feira, 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor.
Ourense: actividades literarias destacadas do venres 7 na Feira do Libro
O
venres 7 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Venres 7
– 20:00 h. Presentación do libro-CD Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia. No acto, Uxía, acompañada por Sergio Tannus, interpretarán algunhas pezas da obra, a autora asinará exemplares dende unha hora antes na Libraría Pedreira.
– 21:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado por Galaxia. Modera o acto Manuel Outeiriño. Previamente, ambos estarán no posto da Libraría Pedreira.
Betanzos: presentación de Morreu o demo, acabouse a peseta
O
venres 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, que recolle unha investigación sobre o legado de Barriga Verde. No acto participan Pedro Solla, Comba Campoy e Germám Ermida.
Ourense: actividades literarias destacadas do xoves 6 na Feira do Libro
O
xoves 6 de xuño prosegue a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Xoves 6
– 19:30 h. Presentación dos libros Todo OK, de Diego Ameixeiras, e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Xerais. Participan no acto os autores dos libros.
– 20:30 h. Diálogo sobre a novela En vías de extinción de María Reimóndez, publicada por Xerais. Participan no acto Xosé María Gómez Clemente e a autora do libro. Previamente, a autora asinará exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Pedreira.


