O
mércores 12 de novembro, ás 19:30 horas, na libraría La Central (Callao) de Madrid, terá lugar un recital poético coa participación de Estíbaliz Espinosa e Sofía Castañón, nunha nova edición de Tinta Roja, coordinada por Ana Cibeira. A entrada é libre e gratuíta para o público interesado.
Arquivo da categoría: Recitais
Madrid: presentación de Tántalo, de Yolanda López
O
xoves 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado del Alisal, 8), terá lugar a presentación de Tántalo, de Yolanda López López. No acto, onde tamén haberá un recital de poesía e música, participan, xunto á autora, Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, acompañados polo guitarrista Pablo Pollo.
Programa do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os: Propostas de diálogo en tempos mestizos, o sábado 8 de novembro
O
VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os terá lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
A entrada de balde até completar aforo.
Acceda aquí á sección Palabra Audiovisual, na que están os vídeos achegados por diversos creadores/as.
O ano 1996 a AELG botou a andar os Encontros de Escritores/as Novos/as, experimentando diversos formatos en cada edición. Nesta oitava, o lema é Propostas de diálogo en tempos mestizos.
O programa é o seguinte:
■ 11:00-12:00 h. Dramaturxia e emerxencia: propostas de diálogo para a próxima década. Rosalía Fernández e Roi Vidal. Coordina: Vanesa Sotelo.
■ 12:00-12:30 h. Coloquio.
■ 12:30-13.30 h. As outras. Os outros. Berta Dávila e Samuel Solleiro. Coordina: Mario Regueira.
■ 13:30-14:00 h. Coloquio.
■ 16:00-17:00 h. Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos. Samuel L. Paris. Coordina: Gonzalo Hermo.
■ 17:00-17.30 h. Coloquio.
■ 18:00 h. Recital. Berta Dávila | Mario Regueira | Gonzalo Hermo | Rosalía Fernández Rial | Samuel L. Paris. Presenta: Alicia Fernández.
■ 19:00 h. Videoproxeccións: palabra audiovisual.
■ 20:00 h. Concerto das Ataque Escampe.
Agolada: Magosto poético e literario nos Pendellos
Mondoñedo: presentación e análise do Roteiro Turístico-Literario Leiras Pulpeiro
Pontevedra: A distancia do tambor, recital con poesía e música do Grupo Ouriol
Allariz: Ponme un poema!, roteiro poético con Celia Parra e Aldaolado
Vigo: IV Festival Kerouac Polipoético
O sábado 25 de outubro de 2014 terá lugar o IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo. Organizado polo espazo de lecer e cultura A Festa dos Maniquíes, coa participación de poetas e artistas de toda Galicia, España e Portugal. O evento desenvólvese no propio local da Festa dos Maniquíes, na rúa Rogelio Abalde 11, no barrio de Churruca, e noutros emprazamentos da cidade. Desde as 17:30 e ata a 1:30 da madrugada poderase ver e escoitar poesía, performance e outras formas de expresión poética.
Muxía: Tempo escuro, recital con poesía e música
Dublín, Irlanda: A AELG no Festival Isla (Irish Spanish Latin American) 2014
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora na edición de 2014 do Festival Isla (Irish Spanish Latin American) organizado polo Instituto Cervantes de Dublín, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O programa é o seguinte:
Venres, 17 de outubro de 2014 – Identidades.
– 15:30 h.. Apertura.
– 16:45 h.-18:00 h. Inauguración oficial con discurso a cargo do escritor irlandés John Banville.
– 16:45 h.-18:00 h. Retratar escribindo: América Latina-Irlanda-España. Modera: Helena Buffery (University College Cork). Autores-as: John Banville, Diamela Eltit e José Ovejero.
– 18:15 h.-19:30 h. Construíndo identidades. Modera: Philip Johnston (University College Dublin). Autores-as: Donal Ryan, Christodoulos Makris e Anamaría Crowe Serrano.
Sábado, 18 de outubro de 2014 – Gústannos as historias
– 11:00 h.-12:15 h.. Cóntamo outra vez. Modera: Jean Philippe Imbert (Dublin City University). Autores-as: Harkaitz Cano, Claire Keegan e Mary O’Malley.
– 12:30 h.-13:45 h. A palabra imprecisa. Modera: Martín Veiga (University College Cork). Autores-as: Hugo Hamilton, Marta Dacosta e Manchán Magan.
– 15:15 h.-16:30 h. Tras as pegadas de Octavio Paz. Autores-as: Antonio Rivero Taravillo, Armando González Torres e Ciaran Cosgrove.
– 16:45 h.-17:45 h. Lemos poesía. Presenta: Bill Richardson (NUI Galway). Autores-as: Marta Dacosta, Harkaitz Cano, Waldo Rojas, Mary O’Malley, Anamaría Crowe Serrano e Antonio Rivero Taravillo.
– 18:00 h.-18:50 h. Proxección: Buscando a Gabo. Documental sobre Gabriel García Márquez. Director: Luís Fernando Bottia, 2007 (Colombia). 50 minutos.
– 19:00 h.-20:25 h.. Proxección: Vida e obra de Octavio Paz. Documental sobre Octavio Paz. Director: Carlos Armella, 2014 (México). 84 minutos.
Domingo, 19 de outubro de 2014 – Cultura de libros
– 11:00 h.-12:30 h.. Literaturas enfrontadas. Ficción e realidade . Modera: Ciaran Carty. Autores: Paul Lynch, Malachy O’Doherty e Américo Cristófalo.
– 12:45 h.-14:15 h. O acceso á cultura. Presenta: Susan Cahill (Newstalk). Autores-as: Blanca Berasategui, Waldo Rojas e John Kelly.






