O
martes 20 de decembro, ás 17:30 horas, no Salón de Actos do Espazo Xove (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27) de Ourense, Celsa Barja dará un recital poético especialmente dedicado á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), dentro das actividades previstas nese recinto polo Día Internacional da Solidariedade. No acto, en que estará acompañada pola música de Israel Elíaz, poranse á venda exemplares do seu poemario Espindo un bico, destinando o 50% da mesma á AFAOR.
Arquivo da categoría: Recitais
Muxía: V recital Poetas da Costa da Morte
Crónica posterior en Que pasa na Costa.
O Incio: Homenaxe a Lois Pereiro
Ourense: recital poético de Celsa Barja
O
domingo 18 de decembro, ás 16:00 horas, no Xeriátrico “Nuestra Señora de la Esperanza” (Rúa Laxas, 41), de Ourense, Celsa Barja dará un recital poético, baixo o título Espindo un bico para vestir lembranzas, para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR). Recitaránse poemas de Espindo un bico, así como outros compostos para a ocasión, inéditos, e colaborarán recitando residentes do devandito xeriátrico. O cantautor Israel Elíaz acompañará coa súa música.
A Coruña: presentación de Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro
O venres
16 de decembro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o poemario Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro, publicado en Edicións Positivas. No contexto deste acto terá lugar unha intervención do Grupo Surrealista Galego.
Vigo: recital poético Os libros de Caldeirón, con Eduardo Estévez, Antonio García Teijeiro e María Lado
A Coruña: recital poético en homenaxe a Alfonso Abelenda
O venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, no Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16) da Coruña, no marco da inauguración da IV Feira de Arte Galega, terá lugar unha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga.
Durango: participación galega na Feira do Libro e do Disco Vasco
“O Culturgal,
tras pechar a porta do Pazo de Cultura de Pontevedra, meteu na súa maleta unha escolma das propostas culturais que representan ao sector das industrias culturais galegas e viaxou cara a Durango Azoka, a Feira do Libro e do Disco Vasco. Como cultura convidada, Galicia respondeu ao convite de Gerediaga cunha mostra multisectorial que abranguen desde o audiovisual, á literatura, a música e o teatro. Para facelo, conta co apoio económico ofrecido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Este é o programa da presenza galega:
Domingo 4 de decembro:
– 12:00 h. Acto inaugural. Galicia somos todos. Con Antón Reixa.
– 18:30 h. Euskaraz eta galegoz. Os escritores vascos Harkaitz Cano, Leire Bilbao e Urtzi Urrutikoetxea ofrecerán un recital de poesía, no que lerán os seus poemas escritos en euskera e de seguido traducidos ao galego.
Luns 5 de decembro:
– 13:00 h. En
Galego e Euskara, sobre Galicia e Euskal Herria. O escritor galego Darío Xohán Cabana e o euskaldún Pako Aristi, conversarán sobre o oficio de escribir e a situación da literatura en ambas as dúas linguas. Acompáñaos nos labores de moderador o doutor e escritor galego, residente en Euskadi, Xosé Estévez.
Martes 6 de decembro:
– 17:00 h. Sesión de animación con escritores vascos e galegos. Baixo o patrocinio de Gálix os escritores galegos Concha Blanco, Pere Tobaruela e Ledicia Costas, xunto cos escritores vascos Pako Aristi, Castillo Suárez e Felipe Juaristi realizarán unha sesión de animación de contos.
Martes 6 de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 h. e mércores 7 de decembro de 11:00 a 16:00 horas:
– Caixiña de Mistos: Un misterio para Tintimán en Durango. Por Mr. Misto Films e Santiago Jaureguizar.
Mércores 7 de decembro:
– 12:30 h. A
Asociación Escritores en Lingua Galega (AELG), cos seus homólogos vascos de EIE, participarán nunha mesa redonda sobre os 28 anos de historia de Galeusca e o seu futuro próximo. Xosé Estévez representará á AELG e Fito Rodríguez á EIE. Galeusca é un encontro anual de escritores e escritoras que reúne a representantes das literaturas galega, vasca e catalá e que organiza de forma rotativa cada unha das asociacións de escritores. No 2008 constituíuse a Federación Galeusca para establecer relacións produtivas e estables entre os creadores das tres culturas.
– 17:30 h. A empresa galega Imaxin|software e a vasca Elhuyar Fundazioa de Usurbil (Gipuzkoa) presentan o multimedia educativo ZooLoco ou Zoo Zoroa, que realizaron conxuntamente. Tras a presentación, realizarase un taller lúdico.
– 18:00 h. Mesa redonda na que Artur Trillo, representante de Talía Teatro, debaterá cun creador vasco sobre o teatro e as “linguas minorizadas”.
Xoves 8 de decembro:
– Vídeos musicais galegos, curtametraxes e o documental Digna Rabia, que mostra a historia das mulleres galegas na época franquista. Durante todo o día.
– 16:00 h. A importancia do son, por Sinsalaudio.
– 20:00 h. Concerto Acrobatak, con Ugia Pedreira, Fred Martins e Mikel Urdangarin.”
Queremos agradecer especialmente a Xosé Estévez o envío de fotos e información sobre a repercusión dos actos en diversos medios: AZOKA DURANGO 2011.
Caldebarcos, Carnota: II Simposium Monte Pindo, o sábado 3 de decembro
O sábado 3 de decembro
, no Centro Social de Caldebarcos, terá lugar o II Simposium Monte Pindo, baixo o título O Olimpo Celta, a debate, organizado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural. O programa é o seguinte:
– 10:00 h. Inauguración, por César Cambeiro, presidente da Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos.
– 10:30 h. Ponencia A custodia do territorio, por Margarita Miguens Busto, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
– 12:00 h. Presentación do libro Máxico Tear Natural, polo escritor Xosé Manuel Lobato, publicado en Alvarellos, que ao remate asinará exemplares.
– 13:00 h. Ponencia Anfibios e réptiles de Galicia e do Monte Pindo por Moisés Asensi Cabirta, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e autor da Guía dos anfibios e réptiles de Galicia.
– 14:00 h. Xantar.
– 17:00 h. Proxección en estrea do documental Sendeiros ocultos: Ruta á Moa, por Andrés López Romero, director.
– 17:30 h. Recital poético por Xoán Lestón.
– 18:00 h. Ponencia por Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Univ. de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
– 19:00 h. Debate aberto.
– 20:00 h. Saúda por Ramón Noceda Caamaño, alcalde de Carnota.
– 20:30 h. Clausura por Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Para máis información e participar no xantar, cómpre anotarse ata o 2 de decembro no teléfono 667 39 31 73.
Ribadeo: presentación de Átonos, de Rosalía Fernández Rial
O
venres 25 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo, preséntase o poemario Átonos, de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada con música de fondo do piano de Serxio Moreira, mentres recita os seus propios versos.



