O
martes 8 de novembro, en Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, terá lugar, dentro das IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación, o Tour de Lecturas do Oeste, con entrada libre até completar capacidade. O programa é o seguinte:
– 16:30 h. Mesa redonda Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas], con Catuxa Seoane, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
– 18:15 h. Mesa redonda Iniciativas empresariais ao redor do libro, con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Libraría Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
– 19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
– 20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.
Arquivo da categoría: Recitais
Santiago: recital poético Picaversos, con Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo e Nuria Sanz
O
martes 8 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, e baixo o lema Inocentes, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos. Os tres lectores convidados a continuar este ciclo de lecturas son Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo e Nuria Sanz. A entrada custa 2 euros.
A Coruña: Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011)
O xoves
3 de novembro, ás 19:30 horas, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, terá lugar unha Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011), organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cos seguintes actos:
– Estrea do documental Miracielo, vida e morte de Manuel Ponte Pedreira, de Pablo Ces, presentado por Aurora Marco.
– Mesa-coloquio coa participación de Maruchi Ponte (filla de Manuel Ponte), Bernardo Máiz, Manuel Pazos e Rubén Afonso Lobato.
– Recital de poesía.
– Actuación musical de Mini e Mero (do grupo A Quenlla) e de Miro Casabella.
Lalín: recital poético Os libros de Caldeirón, con María Lado, Eli Ríos e Alberte Momán
O
venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, en Barriga Verde (Rúa Matemático Rodríguez, 9) de Lalín, prosegue a xeira de recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán e María Lado.
A Coruña: IX Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e fotografía
O
venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a IX edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
Múnic: actuación de Tender a man, espectáculo multiartístico con Yolanda Castaño
O
martes 25 de outubro, ás 20:30 horas, no Club Ampère de Múnic, dentro da programación das Xornadas de literatura galega organizadas polo Instituto Cervantes desa cidade, Yolanda Castaño fusionará os seus versos cos músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, a cantante Mónica de Nut e a danza de Branca Novoneyra no espectáculo Tender a man.
A Coruña: nova edición do Círculo Poético Aberto
O sábado 22 de outubro, ás 21:00 horas, no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Círculo Poético Aberto promovido polo Grupo Penúltimo Acto.
Santiago: Olladas sobre o Museo, recital de poesía no Museo do Pobo Galego
O
venres 21 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego (Rúa San Domingos de Bonaval) de Santiago de Compostela, desenvólvese a quinta edición de Olladas sobre o Museo na que se convida a persoas de distintas disciplinas para que compartan a súa visión do Museo co seu público. A poesía vai ser, neste 2011, a forma en que o Museo será ollado e interpretado. Anxo Angueira (na voz do tamén poeta Brais González Pérez), Andrea Nunes Brións (na voz da tamén poeta Alicia Fernández), Silvia Penas, Séchu Sende e Xabier Xil Xardón farán dos contidos do Museo anacos de poesía, através do recitado en diferentes espazos da exposición permanente, de poemas creados para mostrar a súa ollada sobre o Museo. Esta actividade celebra tamén as Xornadas Europeas do Patrimonio, que desde 1991 a cidadanía de 49 países ven comemorando con visitas guiadas, itinerarios, exposicións, concertos e todo tipo de manifestacións culturais que achegan ás persoas ao patrimonio cultural. O espectáculo está patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e ten aforo limitado. A entrada será libre ata completar o mesmo.
Santiago: recital poético Picaversos, con Olga Novo, Martin Wu e Lupe Gómez
O
martes 18 de outubro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, e baixo o lema Ferid@s, chega a segunda sesión do ciclo de lecturas poéticas Picaversos. Os tres lectores convidados a continuar este ciclo de lecturas son Eva Veiga, Estevo Creus e Mónica de Nut, que ofrecerán ao público con textos propios e alleos baixo ese paraugas temático, intercalados con música. A entrada custa 2 euros.
Lugo: recital poético Os libros de Caldeirón, con Eli Ríos, Alberte Momán e Paco Souto
O
venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, comeza unha xeira de recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán e Paco Souto.
