Arquivo da categoría: Roteiros
Paseo pola Pontevedra literaria. Verán 2017, con Lucía Novas
O
Paseo pola Pontevedra literaria. Verán 2017, impartido por Lucía Novas, terá lugar o 24 de xuño, a partir das 11:30 horas, nunha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
– As persoas interesadas deben inscribirse enviando os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a: pontevedraliteraria@gmail.com
– Inscrición por orde de chegada ao correo.
– Prazas limitadas: 50 persoas.
Sábado 24 de xuño, Pombas e ruínas (all tomorrow’s parties), con Lucía Novas.
Percorreremos a cidade a través de poemas, das Palmeiras, os magnolios, os xardíns, o xabre e os lastros, os chafarices, as ruínas e as pombas, all tomorrow’s parties, as tendas, as boticas, os cruasáns, as madeiras antigas, droguerías, as laranxeiras, os ultramarinos, os froitos secos, os anticuarios, o té, as músicas afiadas, o punk, a nocturnidade, a ratiña gris, o rumor da seda, e xorde como espazo onde se albisca o mar, e a cidade habita na posmodernidade, no enxerto, na mestura, no collage.
Outeiro de Rei: 4º Convívio da Cultura Galega, o sábado 8 de xullo
Vigo: Festival Internacional de Poesía PoemaRia 2017
Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do sábado 10 e domingo 11
O
sábado 10 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizada polo Concello de Santiago, e que rematará o domingo 11 (con horario de 11:00 a 21:00 horas) cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:
Sábado 10
– 13:00 h. Presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Urco.
– 17:30 h. Presentación de A virxe das areas, de Antonio M. Fraga, publicado por Embora.
– 18:00 h. Tradutoras ao vivo: María Reimóndez e Patricia Buxán.
– 19:00 h. Alfonso Blanco: Do Latín ao galego… tamén na literatura; ou, motivos para traducir ficción dende o latín.
– 20:00 h. Marcha cultural en defensa da obra compostelá do pintor e escritor Urbano Lugrís. Partirá cun manifesto da praza da Quintana (carpa da SELIC) e logo percorrerá varias rúas da cidade. Está organizada por Alvarellos Editora en colaboración co colectivo literario In Nave Civitas da Coruña.
– 20:30 h. Marga Tojo presenta Últimos bruídos, publicado por Positivas.
Domingo 11
– 17:30 h. Presentación – concerto do libro cd Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Rosalía Fernández Rial presenta Aulas sen paredes, publicado por Positivas.
Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do sábado 3 e domingo 4
O
sábado 3 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:
Sábado 3
– 12:00 h. Conversa entre Rita Acevedo e María do Cebreiro arredor de Correspondencias.
– 20:00 h. Fernando Cimadevila. “Claves para a escrita e a publicación dunha novela”.
– 21:00 h. Carlos Meixide presenta Cans.
– 22:30 h. Roteiro Inge e Robbie.
Domingo 4
– 12:30 h. Recital. Rosalía Fernández Rial, Noelia Gómez, Alicia Fernández e Ismael Ramos: No seu despregar (Apiario).
– 12:30 h. Enrique López: Vida sana dende a infancia para sempre e J. Julio Fernández: Clara e o rapto do solpor (Aenea).
– 18:00 h. X. A. Perozo e Antonio Seijas: Onde vai Carlos?.
– 18:00 h. Lucía Cobo: O soño do merlo branco e Bruxa e familia (Aenea).
– 18:30 h. Contacontos. María Lado. Onde vai Carlos? (↑5 anos).
– 19:30 h. Marilar Aleixandre: Desescribindo e Dores Tembrás: Auga a través (Apiario).
– 20:30 h. Martiño Suárez: Bestiario do Vestiario e concerto de Grampoder.
Arteixo: roteiro e presentación de Crónicas de Arteixo, de Xabier Maceiras
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Francisco X. Fernández Naval, o 13 de maio
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 13 de maio, con Francisco X. Fernández Naval. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A Coruña: programa de Letras Galegas 2017 da Libraría Azeta
Paseo pola Coruña Literaria con Francisco X. Fernández Naval, o sábado 13 de maio
Paseos pola Coruña literaria – Primavera 2017 é
unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na cidade:
Sábado 13 de maio (12:00 h – 13:30 h): paseo con Francisco X. Fernández Naval.
A Coruña: feminina e plural. Dous serán os fíos condutores: a particularidade de ser A Coruña unha cidade que deu, ou na que viviron, mulleres transcendentes no seu pensamento e nos seus feitos e, tamén, o de ser de sempre cidade liberal. Pasaremos por lugares vinculados a María Casares, María Miramontes, María Pita, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Herrera Garrido, Luísa Villalta. Falaremos do mito do nome da cidade, da razón da rúa das Damas, e invocaremos a Juana de Vega, Concepción Arenal, Isabel Zendal ou Eugenia Osterberger, sen deixar de atender ás referencias liberais que atoparemos camiño.
A inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, pode facerse na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, a partir das seguintes datas:
Para este Paseo con Nacho Taibo a inscrición está aberta desde o martes 2 de maio. Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.












