Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias: “Entre os poemas e as músicas produciuse unha especie de sinestesia”

Entrevista a Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Borrar sen rencor os tempos pasados. Riscar para sempre o seu contido”. Son versos dun poema que forma parte dun proxecto poético-musical que está piques de arrancar a súa xira. As notas poéticas ponas Elba Pedrosa e as musicais, Álvaro Iglesias. Des a mar ultrasónico fala de algo tan persoal como o desamor que, con todo, terá tantas versións como lectores ou ouvintes. A entrevista pode verse aquí.”

Cinza, en banda deseñada co branco e negro como metáfora dunha época”

Entrevista a Manel Cráneo e Xavier Alcalá no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Cinza é unha versión gráfica da novela A nosa cinza que Xavier Alcalá publicara en 1980, unha das obras máis vendidas da literatura galega. O cómic está publicado por Demo Editorial, e ilustrado en branco e negro para buscar reflectir a sociedade da época. A entrevista pode verse aquí.

Berta Dávila: “As feridas duns son o consolo doutros”

Entrevista a Berta Dávila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Expliqueille que era unha especie de herdanza. Que viña dun lugar por onde non pasaban nin a ilusión nin o desconcerto. E que a miña familia non saíra nunca del”. É un anaquiño de A ferida imaxinaria, a última novela de Berta Dávila que nos leva a un universo onde parecen flotar anacos de vidas. Unha especie de ilusión óptica na as personaxes se miran e non se ven. Un mundo de peixes laranxas, casas de cristal, anacos de azulexo, un ganso e ata unha eclipse. A entrevista pode verse aquí.”

Pilar García Negro: “Rosalía merece máis reflexión, agora que a conexión emocional con ela xa é un feito”

Entrevista a Pilar García Negro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Ela é fundamental para asumir a nosa identidade nacional: para vérmonos e coñecérmonos a nosa realidade. Mais é fundamental, ademais, como avanzada do pensamento feminista e anti-discriminatorio que non alenta”.
Este texto foi publicado por Pilar García Negro en 1985. Desde aquela ata hoxe, os seus estudos, a as súas achegas analíticas axudaron a reinterpretación da obra rosaliana. Agora a Universidade da Coruña publica este volume, un compilación de artigos e textos de García Negro. E hoxe, no Día de Rosalía falamos con ela deste Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos. A entrevista pode verse aquí.”

2ª man, de Antón Reixa, un poemario sen paisaxes inspirado en feitos reais”

Entrevista a Antón Reixa no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Non odias os luns, odias o capitalismo”, unha frase recollida no undécimo poemario de Antón Reixa: 2ª man.
O libro, que mantén a bandeira de perplexidade iniciada en 1976 con Rompente, destila unha certa melancolía, mais segue a sorprender coa súa constante subversión das palabras. Nun imaxinario almacén de palabras atopamos a Antón Reixa e o seu ultimo libro de poemas 2ª man, o seu undécimo poemario.
A entrevista pode verse aquí.”

Abraham Pérez: “Fixen unha novela xeracional sobre a crise económica e a literaturización da vida”

Entrevista a Abraham Pérez no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Dicía Joyce no Ulises: ‘aprende a vivir, vai por aí a coñecer mundo’. Unha frase que recolle, e que ten moito que ver, coa primeira novela do ata de agora poeta, Abraham Pérez. O retrato dunha xeración de mozos e mozas nos últimos anos universitarios, da vida social e amorosa, da formación, da saída a un mundo laboral cativo. O abismo entre os soños e as realidades poden ser algúns dos temas que Abraham Pérez aborda na novela O paso en Falso” que publica a editorial Galaxia. A entrevista pode verse aquí.”

Dores Tembrás: “Esas leccións primeiras son a cicatriz que nos acompaña”

Entrevista a Dores Tembrás no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Un enxerto é un método de multiplicación vexetativa artificial dos vexetais que consiste en enxerir unha parte do tecido dunha planta ou árbore, chamada puga ou tano, no tronco ou póla doutra, é dicir no padrón ou pé. Un enxerto permite que unha variedade poida medrar nun terreo desfavorable, por exemplo. Enxertos é o último poemario de Dores Tembrás, publicado por Apiario. A entrevista pode verse aquí.”

Silvia Penas: “Aos poemas sempre lles falta contexto, temos que imaxinalo nós”

Entrevista a Silvia Penas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Silvia Penas fixo da poesía imaxe, movemento, sons, música e por suposto palabra. Unha poeta que sorprendeu entre as pioneiras galegas en fusionar a poesía coa escena, co audiovisual ou coa música. Poesía oral que tamén se escribe, ou poesía escrita que se fai oralidade. Silvia ten novo poemario que podemos ler e reler, Retratos de vodas, partos e funerais, publicado pola editorial Galaxia. A entrevista pode verse aquí.”

Susana Sanches Arins: “Unha das cousas máis interesantes da infancia é como lidamos cos medos”

Entrevista a Susana Sanches Arins no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“As cinco corujas protagonistas deste libro andan a aprender a arte do voo. Adoitan estar sempre xuntas e están extremadamente atentas, cos ollos ben abertos. Unha desas Cinco corujas é a autora do libro, Susana Sanches Arins, que nos devolve a unha infancia e unha realidade que moitas vivimos. No seu caso, no Foxo, na casa do mestre. A entrevista pode verse aquí.”