Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Conversa con Inmaculada López Silva, escritora e profesora, sobre o seu libro: Resistir no escenario: cara a unha historia institucional do teatro galego. A entrevista completa pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Televisión
Entrevista a Xosé Carlos López Bernárdez en Localia Vigo
Vídeo do coloquio no Día das Letras Galegas no programa “O Péndulo” (TVG), 1993
Desde o blogue de Xavier Alcalá:
“O 17 de maio de 1993 emitiuse na Televisión de Galicia o programa “O Péndulo”, dirixido por Carlos Luís Rodríguez, este coloquio onde participei xunto a Xesús Alonso Montero, Carlos Casares e Xosé Filgueira Valverde.
Agradecido a Terra de Arquival, por ter recuperado este documento histórico.”
Entrevista a Antonio Manuel Fraga
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A obra premiada, Querido H. P. Lovecraft, é unha novela que vai a cabalo entre a tolemia e a realidade, gañadora do I Certame de Literatura Fantástica Antón Risco. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Francisco Castro en Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Francisco Castro, autor de Amor é unha palabra coma outra calquera, publicado en Galaxia. A novela ten como protagonista a Carla, unha rapaza que organiza a súa vida arredor do amor. A entrevista pode verse aquí.”
Homenaxe a Lois Pereiro na Coruña, desde o Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Zig-zag recolle un vídeo con parte da homenaxe O fillo da furia. 20 voces por Lois, que tivo lugar o domingo 28 de febreiro na Coruña. Pode verse aquí.”
Francisco Castro desmonta o mito do amor romántico
Desde
A Revista da Televisión de Galicia:
“Francisco Castro é o autor de Amor é unha palabra coma outra calquera, unha novela de amor contra o amor. Nela busca desmontar o mito do amor romántico. Transcorre en tres días en que a protagonista se enfronta a si mesma, á morte e revisa a vida pasada co seu home. Desde que chegou ás librerías está a ter moi boa a acollida, o 9 de marzo preséntase en Compostela. A entrevista completa pode verse aquí.”
Entrevista a María Alonso
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista a María Alonso arredor da súa obra Despois do cataclismo, publicada por Urco Editora. A entrevista pode verse aquí.”
Antón Patiño presenta a súa Teoría do riso
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A Teoría do riso, de Antón Patiño, publicada en Xerais, é unha obra en que o autor reivindica o riso revolucionario e transgresor fronte á descomposición e á decrepitude do poder. É un poemario de “intres”, onde o son da palabra falada reflicte a súa sombra no espazo branco das páxinas. A entrevista pode verse aquí.”
As celebracións do Día de Rosalía
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Reportaxe no programa televisivo Zig-zag sobre as celebracións do Día de Rosalía. A nova pode verse aquí.”