Entrevista a Teresa Moure no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Cando era neno Zeca Afonso viviu en África, en Angola e en Mozambique despois. A pegada destes lugares, a súa relación con Galicia, as súas dúbidas, os artistas aos que el admiraba… os amigos que o coñeceron ben… por aí transita esta novela gráfica, moi documentada, pero de ficción. A guionista, Teresa Moure, acompáñanos hoxe para guiarnos por esta proposta orixinal e moi fermosa. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Televisión
Alexandre Peres: “Cervantes tivo un mecenas galego que lle retirou insultos no Quixote”
Entrevista a Alexandre Peres Vigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Do ódio à paródia. O estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII fai un repaso minucioso polos textos literarios, mais tamén pola visión que sociedade española tiña dos galegos. O autor Alexandre Peres Vigo, volve visitarnos aquí no estudio para presentarnos este traballo publicado por Através. A entrevista pode verse aquí.”
A G2 estrea este xoves As mil e unha páxinas, programa que pretende fomentar a lectura e descubrir as últimas creacións de autores galegos noveis, con Elba Pedrosa
Desde a Televisión de Galicia:
“As ‘Noites Temáticas’ da G2 contan a partir do 19 de outubro, dentro da ‘Noite da Cultura’, cunha novidade: a estrea do programa As mil e unha páxinas, que pretende animar á lectura, pero que tamén promoverá as últimas creacións de autores galegos noveis e dará a coñecer o tecido editorial do país.
As mil e unha páxinas, presentado pola escritora Elba Pedrosa, é unha viaxe máxica a través dos libros e o mundo que os arrodea. Esta aventura polos distintos xéneros literarios axudará a fomentar a lectura, descubrir autores noveis e redescubrir obras e autores da literatura galega e universal. Todo dende unha óptica dinámica, divertida e rigorosa.
No primeiro programa, esta noite abordarase o xénero da novela negra, eses libros con personaxes ambiguos que se moven en mundos sórdidos. O homenaxeado será o escritor Domingo Villar. Os espectadores coñecerán os autores, editores e grandes referentes do xénero en Galicia. Tamén haberá recomendacións de títulos para que o público descubra as novidades e algunha ópera prima da novela negra galega.”
A Mesa pola Normalización Lingüística: campaña Xabarín Xa!
Deixa o teu apoio a esta campaña aquí.
“Hai 3 anos que A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís em galego nas televisións públicas. Co apoio de 33000 sinaturas a Iniciativa debateuse no Parlamento galego que en maio de 2021 aprobou por unaninimidade o seguinte:
1. Que a Corporación de Radio Televisión de Galicia aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade a través do reforzo e a promoción das catro canles dixitais Xabarín coas que conta a CRTVG. O sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, adsl e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
2. Reclamar do Goberno de España que, dentro do marco das súas competencias, promova as medidas precisas para que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego, nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa aplicación.
3. Instar o Goberno español a impulsar o cumprimento do contido dos artigos do Anteproxecto de lei xeral de comunicación audiovisual onde se recolle a pluralidade lingüística como principio básico, e que a nova lei recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
4. Así mesmo, o Parlamento insta o Goberno galego a chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada a galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar o avance das accións necesarias para a recepción mutua TVG-RTP en Galiza e Portugal, segundo o recollido na Carta Europea de Linguas Rexionais ou minoritarias, tendo en conta as súas condicionantes técnicas e económicas para o tecido produtivo e publicitario, e da simetría no alcance de audiencias.
Ademais as Cortes do Estado aprobaron en xuño de 2022 a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que na disposición adicional 5ª indica que o fornecedor do servizo público de comunicación audiovisual de ámbito estatal e os fornecedores do servizo de comunicación audiovisual de ámbito estatal garantirán nos seus servizos de comunicación audiovisual temáticos infantís, e nos seus catálogos de programas, a incorporación de contidos audiovisuais especialmente recomendados para o público infantil de até doce anos, dobrados nas linguas oficiais das comunidades Autónomas. Asimesmo, estes fornecedores ofrecerán contidos audiovisuais dirixidos ao público xeral, dobrados ou lexendados nas linguas oficiais das Comunidades Autónomas.
Neste momento non se está a cumprir nengún destes acordos parlamentares. Malia a súa maior responsabilidade as televisións públicas (TVG e TVE) cunha responsabilidade social maior, son as que máis incumpren.
A TVG continúa a limitar a programación á 2ª canle, sen que teñamos visto nestes tres anos ningún avance para a creación dunha canle temática nunha plataforma dixital própria, nin acordos para a inclusión nas operadoras de TV dispoñíbeis. TVE, pola súa banda, incumpre descaradamente e sen rubor a lexislación: desde a aprobación da Lei audiovisual emitiu 0 programas infantís ou xuvenís en versión orixinal, dobrada ou lexendada em galego.
Mentres se incumpren estes acordos e a lexislación, a presenza do galego nas canles temáticas infantís e xuvenís da TDT e operadoras de televisión é dun 0,83% que converte aos servizos audiovisuais noutro espazo vetado para o noso idioma.
Reclamamos que se cumpran os acordos e a lexislación!
Queremos galego nos servizos audiovisuais!”
Xosé de Cea: “Detrás do termo `xarnego´ hai un sacrificio enorme das familias”
Entrevista a Xosé de Cea no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“No barrio barcelonés de Horta está a rúa de Coímbra. Coímbra é o escenario e o título da primeira novela para adultos de Xosé de Cea despois dunha consolidada traxectoria na poesía e no infantoxuvenil. Coimbra nos anos 70, cando o autor era neno e despois adolescente. Un lugar de xarnegos onde vivían familias procedentes do Levante, do Sur de España, de Aragón, de Castela e algunha galega. Alí entre os pisos vellos e os novos naceron estas lembranzas que conforman o libro Coímbra de Xosé de Cea. A entrevista pode verse aquí.”
Andreia Costas: “Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados”
Entrevista a Andreia Costas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Tempo é vida e a vida vive dentro da rebelión, e da ferida”, son versos que agroman nas primeiras páxinas deste libro, Magnolia punk e outras arritmias, de Andreia Costas. Poemas que latexan como a vida mesma. A vida que vive dentro da rebelión e da ferida provocános a arritmia das emocións e Andreia Costas non as disimula, máis ben traza músicas novas con elas. A entrevista pode verse aquí.”
Armando Requeixo: “Luísa Villalta é unha das intelectuais máis completas das últimas décadas”
Entrevista a Armando Requeixo na Televisión de Galicia:
“Pensar é escuro é o título dun poema de Luísa Villalta e tamén o título do libro nos devolve a súa poesía. A editorial Galaxia con edición de Armando Requeixo recompila os catro poemarios da autora prematuramente morta no 2004. Luísa Villalta a poeta violinista, que escrutou e explorou o complexo da existencia, os dramas da realidade, o xénero, a propia poesía. E por fin a podemos ler reunida baixo a edición de Armando Requeixo. A entrevista pode verse aquí.”
María Xosé Porteiro: “Creo que as emocións pesan máis ca as ideas no comportamento humano”
Entrevista a María Xosé Porteiro na Televisión de Galicia:
“Dixo Murakami: “O odio é moi perigoso e unha vez que prendeu no noso corazón extirpalo é uha angueira titánica”. Unha frase que abre a novela Tabiba de Maria Xosé Porteiro e que condensa o que hai dentro dela. Desde o xihadismo, desde os procesos de radicalización, e desde o paso do amor ao odio, Porteiro narra un thriller que hoxe traemos ao Zigzag Fin de semana. A entrevista pode verse aquí.”
Fina Casalderrey: “Reconstruín un pasado literario para reivindicar a muller xabaril”
Entrevista a Fina Casalderrey no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En Pontevedra, na aldea de Santa María de Xeve, vivía a Xabarina. Unha muller de principios de século, alta, culta que se botou ao monte, entolecida, durmindo ao raso, vítima das mofas e o escarnio de moitos. A Xabarina tiña unha triste historia detrás, a historia que novelou Fina Casalderrey na que é a súa primeira novela para adultos. A entrevista pode verse aquí.”
Xosé Monteagudo recupera as figuras silenciadas de Bibiano Osorio-Tafall e Josefina Arruti
Entrevista a Xosé Monteagudo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A última novela de Xosé Monteagudo Vémonos mañá narra, de xeito ficcionado, a vida de dúas figuras históricas silenciadas: o político, científico e diplomático Bibiano Osorio-Tafall e a súa muller Josefina Arruti. A través das súas páxinas coñeceremos detalles da Guerra Civil e da posguerra, pero tamén de como toda aquela axitación separou a Josefina e a Bibiano. A entrevista pode verse aquí.”