Entrevista de Raúl Salgueiro a María Xosé Porteiro en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Neste ensaio afonda na Caamaño xornalista. Cal era a súa mirada sobre o oficio?
– María Xosé Porteiro (MXP): Calquera lectura sobre Begoña Caamaño revela unha enorme coherencia. No xornalismo buscaba o mesmo que na literatura: quería mudar o mundo. Era unha revolucionaria no mellor sentido da palabra, unha persoa inconformista á que non lle gustaban as herdanzas obrigatorias. Nos seus primeiros anos, sobre todo en Vigo, fixo un xornalismo de rúa. Estaba nas manifestacións, correndo detrás da noticia, subindo a unha escaleira de bombeiros en folga para conseguir declaracións ou chegando á emisora co magnetófono baixo o brazo para entregar a crónica a tempo. Non había internet nin facilidades técnicas, pero ela tiña un enorme sentido da responsabilidade e unha intuición moi clara sobre os tempos da radio. Preocupáballe a xente común. Era unha muller do pobo, que tivo a oportunidade de estudar e de traballar, e que quixo contar tanto o que vía como o que desexaba que acontecese.
– ND: No seu ensaio relata a relación de Caamaño con Vigo e Compostela. Que simbolizan ambas as cidades na súa vida?
– MXP: Son, dalgún modo, alfa e omega. En Vigo desenvolveu esa etapa máis de xornalismo de rúa, nunha cidade moi convulsa e en plena transformación social nos anos oitenta. Era unha época de movemento constante e dunha enorme intensidade informativa.
En Santiago chega unha etapa máis estábel no terreo laboral, pero tamén máis centrada na súa gran paixón: a cultura. Ademais do traballo na radio, hai unha dimensión moi importante da súa traxectoria ligada aos artigos, ás colaboracións en medios como A Nosa Terra ou Festa da Palabra Silenciada e aos discursos internacionais nos que representou o feminismo nacionalista galego.
Eu sempre digo que un discurso de Begoña Caamaño era ao mesmo tempo unha peza literaria e unha peza xornalística. Tiña unha capacidade extraordinaria para explicar asuntos moi complexos, polos en contexto e propor unha mirada ética sobre eles. (…)”
Arquivo da categoría: Xornalismo
Compostela: sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega polo Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño
Vigo: homenaxe a Begoña Caamaño, exemplo de loita e dignidade
O Porriño: charla coloquio O feminismo en Begoña Caamaño
Pontevedra: conferencia “Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía”, por Marga do Val
Pontevedra: I Xornadas da Mocidade Galega pola Memoria. A memoria fronte ao odio
Gondomar: presentación de Polo avieiro de Dona Emilia, de Carlos Méixome
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do que foi o seu presidente, Carlos Mella
Carlos Mella, escritor e economista, asumiu tamén diversas responsabilidades políticas durante a súa traxectoria. Foi vicepresidente e presidente da AELG entre 1993 e 2002, e posteriormente presidente da Fundación Castelao.
A súa obra escrita abrangueu diversos campos creativos, como a narrativa, o ensaio, a biografía e o xornalismo.
Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz.
O seu foi un exemplo de coherencia ética e compromiso intelectual, estando sempre presente para colaborar nos esforzos colectivos para a mellora do país e da nosa cultura.









