O
xurado do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo reuniuseo luns 2 de maio para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 48 traballos, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra Diario, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Radio Líder, Tempos Novos e Xornal de Galicia, ao artigo titulado Empoderármonos, de Marcos Abalde Covelo. Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese ao “paralelismo entre a situación das mulleres e a da lingua galega, adentrándose na violencia simbólica exercida contra o galego e contra as mulleres”. Na acta do xurado sinálase que o artigo “fala sobre a hibridación do galego co castelán, ten interesantes conexións intertextuais e chama a atención individual fronte a esa situación”. Ademais, “destaca a súa calidade lingüística, a linguaxe directa e a capacidade de incidencia no público”.
O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo Gas, do autor Diego Giráldez, e recoméndalles aos medios colaboradores a súa publicación. O accésit concédeselle “pola necesaria reivindicación dos medios en galego, nun momento difícil para eses medios” e pola “calidade de estilo e as referencias intertextuais, tanto a ámbitos literarios como científicos”.
O xurado do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa, redactora da revista Tempos Novos; Marica Campo, profesora, escritora e gañadora da edición 2010 do certame; Iván Méndez, técnico de normalización lingüística do Concello de Cerceda e colaborador en prensa; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto. Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.
A entrega do premio terá lugar no transcurso da Festa da Lingua, que terá lugar o sábado 7 no Pazo da Cultura de Carballo, e na que actuará o grupo musical Marful, o teatral Berrobambán e será presentada por Yolanda Castaño.
Arquivo da categoría: Xornalismo
Ourense: conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Álvaro Cunqueiro xornalista
O
venres 29 de abril, a partir das 20:15 h., na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, comeza o IX Ciclo de Conferencias Visións de Galicia, organizada pola Sección de Literatura desa entidade, con Álvaro Cunqueiro xornalista, antes e despois de 1936, a cargo de Xesús Alonso Montero. Deixamos aquí este .pdf coa programación completa: Ciclo Visións de Galicia Liceo de Ourense.
Lectores Galegos en Bos Aires: V Ciclo de literatura galega en 2011
O
V Ciclo de literatura galega dos Lectores Galegos en Bos Aires celebrarase no Café Tortoni de Bos Aires, estando especialmente dedicado á prensa galega, percorrendo unha serie de tópicos sobre os que a literatura galega semella volver unha e outra vez, pero agora dende outro espacio: a prensa. Analizaranse e debateranse a realidade da lingua, da cultura, do territorio, da memoria, ou da identidade sobre a base dun feixe de artigos e entrevistas xornalísticos publicados por autores galegos. Este é o cronograma de encontros:
– 19 de marzo, 16:00 horas: Análise do artigo Galicia contada a un extraterrestre, de Manuel Rivas.
– 16 de abril, 16:00 horas: Conferencia sobre Xornalismo e Literatura, a cargo de Mariela Sánchez.
– 30 de abril, 15:00 horas: Conferencia aberta sobre Xornalismo Periodismo en Galicia, a cargo de Víctor F. Freixanes.
– 21 de maio, 15:00 horas: Conferencia sobre Bilingüísmo, diglosia e linguas minorizadas. O caso arxentino a cargo de Mariana D’Agostino, e Historia da lingua galega: da ‘doma e castración’ al plurilingüísmo, a cargo de Andrea Cobas Carral.
– 25 de xuño, 16:00 horas: A lingua na prensa – Parte II.
– 13 de agosto, 15:00 horas: A terra na prensa (territorio e historia).
– 17 de setembr, 16:00 horas: A cultura na prensa (territorio e historia).
– 1 ou 8 de outubro, 16:00 horas: (A Confirmar). Conferencia de Dolores Vilavedra.
– 15 de outubro, 16:00 horas: A emigración na prensa – Parte I (quen somos, como somos e donde estamos), a cargo de Antón Rey.
– 12 de novembro, 15:00 horas: A emigración na prensa – Parte II (como nos ven e como nos vemos nós), a cargo de Claudia Amigo.
– 10 de decembro, 15:00 horas: A identidade na prensa. Presentación do Ciclo 2012.
Luís González Tosar gaña o premio Puro Cora de xornalismo
Xosé María Lema Suárez gaña o XV premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela
Xosé María Lema Suárez
ven de gañar a XV edición do premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela que organiza a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada por cinco artigos publicados nos medios El Correo Gallego, Xonal de Galicia, La Voz de Galicia e Música na Noite. O xurado, conformado por Nuria Campos, Valentín García Gómez, Miguel Ramón de la Calle, Luis Reimóndez e José Manuel Bouzas, valorou dos artigos de Lema Suárez “a defensa da lingua galega como definitoria da identidade e valor fundamental da nosa cultura”. O autor recibirá o galardón no marco da Feira do Moble de Galicia, que terá lugar o vindeiro 17 de setembro.
Vía Fervenzas Literarias.
Eva Moreda na Revista das Letras
Vía GaliciaHoxe.com.
A Coruña: presentación de Feijóo, o galego e nós
A Coruña: presentación do libro Níxer, de Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa, Moustapha Bello Marka
Ourense: presentación do libro Níxer, de Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa, Moustapha Bello Marka
O acto, que contará coa participación de Alfonso Costa, Camilo Franco, Francisco Fernández Naval, Isabel Iglesias Santos e Manuel Bragado, terá lugar o vindeiro mércores, 26 de maio, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense (Lamas Carvajal, 5, Ourense). Organizado por ACCIÓN CONTRA A FAME, O LICEO DE OURENSE e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.

