Vilagarcía: presentación de Atila no Grove, de Antón Mascato

O 19 de decembro, ás 20:00 horas, no Faiado da Memoria (Praza Ravella, 37), en Vilagarcía de Arousa, presentación de Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948), de Antón Mascato, publicado por Positivas. Participan, xunto ao autor, Patricia Arias e Carlos Méixome.

Ramón Villares e Paco Martín, Premio ex aequo Otero Pedrayo 2019

Desde a Real Academia Galega:
“O xurado do Premio Otero Pedrayo 2019 acordou por unanimidade na xuntanza mantida a semana pasada conceder o galardón ex aequo a Ramón Villares e a Paco Martín. O académico e o escritor recibirán o galardón nun acto que se celebrará na Deputación de Lugo.
O Premio Otero Pedrayo foi instaurado no ano 1977 e na actualidade é promovido polas catro deputacións provinciais galegas e a Xunta de Galicia. A Deputación de Lugo encárgase este ano da organización do galardón, que recoñece a dúas figuras da cultura galega con raíces nesta provincia. (…)”

A Coruña: recital de Baldo Ramos e Maram al-Masri no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Baldo Ramos e a poeta siria Maram Al-Masri. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos decembro 2019.