Crónica fotográfica da Polafía en Taboada. Historias de cabezóns e loitadoras
Estas
son algunhas das fotografías da Polafía en Taboada. Historias de cabezóns e loitadoras, celebrada o pasado 12 de outubro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Como novidade no proxecto Polafías, gravouse en vídeo un roteiro previo con visitas e explicacións por parte de Xosé Manuel Vázquez de dous elementos patrimoniais moi interesantes:
– O cabezón de Ralle, busto con torques de gran tamaño custodiado nunha casa particular, evidente escultura da cultura castrexa, quizais de guerreiro ou divindade.
– Esgrafiados en varias casas de lugares da parroquia, uns recuperados e outros nun proceso claro de deterioración. Os esgrafiados son como encintados nos muros exteriores das casas con vontade artística, nos que poden aparecer figuras xeométricas, humanas e animais.
Despois do xantar interviron:
– Francisco Almuíña, cego que interpretou 3 romances acompañado de zanfona. Ademais contou varias historias de mulleres loitadoras.
– Xosé Manuel Vázquez, quen sintetizou o que se sabe sobre o cabezón e os esgrafiados (é un experto, autor dunha publicación monográfica sobre o tema, ao que enagadiu varias historias de carlistas, bandoleiros e bandoleiras, e mesmo exemplos de obras da comarca erguidas á forza por presos do franquismo.
– A señora Lola, quen, amais dalgunhas anécdotas, recreou o proceso de traballo do liño desde a sementeira ao tecido de diversas prendas.
– Antón Cortizas, escritor e actor casual que achegou algún brinquedos e recitados para a cativeria, recollidos por el.
– Tamén participaron representantes dunha asociación local para dar a coñecer o seu traballo.
– A poesía estivo a cargo de dúas poetas residentes no concello: Ana Vila Portomeñe e Ana Rey Goy.
Ferrol: 70minutos.con, con Henrique Dacosta e Mario Regueira
Compostela: presentación de Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre
A Coruña: Agra Teranga, presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
Anxo Angueira: “Nin Rosalía nin a súa xeración falaron de Rexurdimento”
Compostela: presentación de Parangolé, de Pablo Fidalgo Lareo
Vigo: representación de Armazenados
O
17 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural Camões (Praza Tenente Almeida, s/n.), en Vigo, terá lugar a representación da obra teatral Armazenados, con texto de David Desola traducido por Diana Vasconcelos e Afonso Becerra.
A Coruña: presentación de Anatomía emocional dun naufraxio, de Ana Boquete
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”, con Fran Alonso
O
Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.
Este é o programa:
15 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.
22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu
?
29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.













