Ferrol: Teresa Moure presenta Um elefante no armário
Conversa con Fran Alonso sobre Street Poems
Desde
Chamando á terra, de Radio Galega:
“María Solar conversa con Fran Alonso sobre o seu libro de poemas Street Poems e o novo cargo á fronte da Dirección Xeral da Editorial Xerais. Escoitamos un cachiño do libro de poemas na voz de Pepe Carreira. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Lugo: presentación da Colección Gombó, de Ánxela Gracián
As escollas electivas continúa o seu camiño
As escollas electivas naceron
o 4 de xaneiro de 2012 coincidindo co centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, baixo a dirección de Suso Díaz e Maripaz Paz.
Actualmente son 80 as e os poetas que forman parte deste caderno da poesía galega contemporánea, e están chamos a formar parte 208, número que seguirá medrando se As escollas electivas seguen a recibir achegas das e dos poetas que están chamados a formar parte delas, tamén dos que xa forman parte e queiran engadir novos nomes este listado sempre aberto.
Aquí están as indicacións oportunas para participar desta iniciativa, tamén o enderezo onde achegar o material: asescollaselectivas@gmail.com”
Siro López publica a obra Castelao na arte europea
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Castelao no seu, o debuxo de humor e a caricatura, estivo na vangarda no que se facía en Europa naquel momento”. Siro López publica a obra Castelao na arte europea. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
A Estrada: presentación do libro-disco A Estrada da Vida, de Xosé Luna e Manoele de Felisa
Vigo: presentación de Camiño, de José Manuel Ledo Santiso
O
venres 11 de maio, ás 20:00 horas, no Café Catro a Catro de Vigo (Rúa de Girona, 16), José Manuel Ledo Santiso presenta o seu novo libro de relatos Camiño, publicado por Ir Indo.
Xavier Senín: “María Victoria Moreno serve de exemplo para todas as persoas que somos galegas de nacemento”
Entrevista
a Xavier Senín na Real Academia Galega:
“(…) – Real Academia Galega (RAG): Foi tamén sementadora de futuro para a lingua, tanto coas súas obras como nas aulas que impartía a adolescentes. Pero tamén lles aprendeu lingua e literatura galega a outros docentes nos cursos en cuxa organización vostede participaba a comezos dos anos 80. Como foi ese primeiro contacto? Como deu con ela?
– Xavier Senín (XS): Foi nunha reunión na que estabamos a programar os cursos de formación do profesorado. Buscabamos xente para impartilos e foi Rosario Álvarez, hoxe académica, quen a mencionou. “Foi profesora miña e é moi boa”, dixo. A min non se me ocorrera, pero quedei encantado coa proposta, e despois tamén quedou encantado con ela o seu alumnado. (…)
– RAG: A primeira novela de María Victoria Moreno é un libro para adultos, escrito aínda en castelán e publicado en galego por vostede baixo o título Onde o aire non era brisa. Pero ela deixou dito que decidiu dedicarse como escritora á literatura infantil e xuvenil (LIX). Tivo ocasión de falar con ela sobre esta escolla? Pensa que se vivise máis tería regresado á narrativa para adultos?
– XS: O que é evidente é que ela sabía escribir. Eu sosteño que se escribes para adultos non tes condicionante ningún, pero se escribes para rapazas e rapaces si que os tes. Recordo ver na súa casa o orixinal de Onde o aire non era brisa, titulado Alcores de Donalvar, que quedara finalista no Premio Café Gijón en 1969. Díxenlle: “Victoria, poderías mirar…”. “Non, é de hai moito tempo e agora estou dedicada á literatura infantil e xuvenil, non quero saber nada disto”, respondeu. Foi despois, xa casada con Pedro [Ferriol], cando el a convenceu de que enviase esta obra ao premio do Concello de Monleón de 2005, que acabou gañando. Pero ela foi absolutamente consciente de que o que se necesitaba en Galicia era escribir literatura para os nenos e nenas, porque había pouca, e polo tanto ela centrouse niso.
– RAG: Foi daquela unha decisión premeditada desde a responsabilidade?
– XS: Si, efectivamente, a responsabilidade está claro que a tiña. Podería falar e escribir en castelán pero decidiu facer toda a súa vida en galego. Foi unha determinación como escritora, mais tamén como tradutora, porque hai que dicir que practicamente todo o que traduciu é literatura infantil e xuvenil. (…)
– RAG: Pero foi suficientemente valorada pola crítica ou aínda é unha autora por descubir nese eido?
– XS: Chama a atención que nalgún momento algunhas das súas obras pasasen desapercibidas, pero a continuación hai que dicir que non só lle pasou a ela, senón a moita xente que escribía literatura infantil e xuvenil. Pero non só por parte da crítica, senón tamén por parte dos compañeiros. Os escritores e escritoras de literatura imos dicir para adultos, ou sen marcar, a literatura infantil e xuvenil tíñana como unha literatura de segunda. Era así e era inxusto, e ao final, que pasou? Que toda esta xente tivo recoñecementos fóra. No ano 1989, María Victoria e Paco Martín participaron nunha exposición do libro infantil e xuvenil en galego que se celebrou no lugar máis importante en España naquel momento para a LIX, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez (Salamanca); fíxose unha exposición que se titulou Galicia no país das marabillas, que era Galicia nos seus libros para nenos e nenas. Alí tamén estiveron Antonio García Teijeiro, Agustín Fernández Paz, Xabier DoCampo… (…)”




