Balance de actividades da AELG no primeiro semestre e programación para a segunda metade de 2016

CoaAELG Logo 3-2015 celebración da homenaxe “A Escritora na súa Terra – Letra E”, que nos levou a Rianxo o pasado sábado 25 de xuño da man de Helena Villar Janeiro (pode consultar aquí os textos das intervencións e unha crónica fotográfica), rematamos un semestre de actividades que pasamos a resumir, dando conta tamén do programa de traballo previsto para a segunda metade do ano.

A actividade pública comezou o 24 de febreiro coa celebración do Día de Rosalía de Castro, que a AELG vén promovendo desde 2010; nesta sétima edición as propostas da AELG para o ensino contaron coa participación de máis de 120 centros de todo o país. Ademais, seguiuse instando aos plenos municipais a sumarse a unha moción (aprobada xa en 49 concellos e nas Deputacións da Coruña e Lugo) que instaure esta data de celebración co compromiso de organizaren actos de recoñecemento da autora. Dada a ampla repercusión do Día de Rosalía, xa podemos considerar que se conseguiu que esta iniciativa da AELG fose apropiada pola sociedade.

A Escola de Escritoræs da AELG arrincou o ano o 27 de febreiro no Concello de Pontevedra co obradoiro “O poema é un animal escondido” a cargo de Carlos Negro e Baldo Ramos. Durante o segundo semestre terán lugar outros tres.

O 28 de febreiro recordamos na Coruña a Lois Pereiro, no mes no que naceu e cando se fan 20 anos do seu pasamento, coa colaboración na organización de “O fillo da furia. 20 voces por Lois”.

A Sección de Literatura de Tradición Oral comezou a súa actividade o 21 de febreiro, coa gravación en Dombate da informante de Literatura de Tradición Oral Dolores Macías Pose que, canda Mini e Mero, foi nomeada Mestra da Memoria o día 19 de marzo na Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, celebrada en Lugo. A seguir, o 2 de abril, organizou en Mondoñedo a Polafía “Manuela Rey, memoria dun mito”. Está prevista para o 1 de outubro a celebración doutra no concello de Muíños (Ourense).

En abril comezou a temporada de paseos literarios nas cidades da Coruña e Vigo, que terán continuidade ao longo do ano.

Tamén en abril a AELG estivo presente con actividade propia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Nesta viaxe, Cesáreo Sánchez, como presidente da AELG, fixo dúas ofrendas florais a Rosalía de Castro e Castelao.

A AELG coordinou a organización da I Gala do Libro Galego, que convocou canda a Federación de Librarías de Galicia a e Asociación Galega de Editoras para o 14 de maio en Santiago de Compostela. Nesta Gala foi nomeado Escritor Galego Universal o autor catalán Pere Gimferrer.

A AELG colaborou co Centro de Estudos Galegos de Lisboa no Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses e co CSIC no VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia.

Web da AELG

Contamos cunha nova sección da web, o Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs, que recompila e cataloga fotografías actuais e históricas que, baixo distintos tipos de licenzas, permite á sociedade consultar e colaborar na conservación do patrimonio fotográfico do noso sistema literario: calquera persoa poderá subir aquelas fotos do seu arquivo persoal que teñan que ver con actos literarios ou poidan axudar a completar as fotobiografías literarias das escritoras e escritores.

Ademais, estase traballando para que todos os contidos xa existentes na web poidan ser partillados nas redes sociais directamente desde a web, para así lles dar maior difusión.

Por outra banda, neste 2016 superáronse os 24.000.000 de visitas na páxina web.

Redes sociais da AELG

Hai anos que a AELG é moi activa no Facebook. Desde o mes de abril tamén o é no Twitter: considerouse que esta rede social é de utilidade non só para difundir as actividades da AELG, tamén os contidos da súa web, poñéndoos en relación coa actualidade do sistema literario. Os datos confirman que a iniciativa é rendíbel, pois cada mes sobe en 60 o número de seguidoras/es e a visualización media mensual dos chíos pasou de 3.000 a 100.000.

***

Alén das xa indicadas, estas son as demais actividades previstas para o segundo semestre:

A recentemente creada Sección de Dramaturxia da AELG botará a andar a súa actividade pública na Coruña coa celebración da primeira edición dunha xornada sobre a situación do xénero.

Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 2 e domingo 3

OFeira do Libro de Vigo 2016 sábado 2 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 1
18:30 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.
20:00 h. Pedro Feijoo asinará exemplares das súas obras na caseta da secretaría da feira.

Domingo 2
20:00 h. Jorge Rodrigues Gomesende asina exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.

Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 2 e domingo 3

OFeira do Libro de Ribadeo 2016 domingo 3 finaliza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:

Sábado 2
13:00 h. Vermú literario con Francisco Castro arredor da súa novela Amor é unha palabra coma outra calquera, publicada en Galaxia.
19:30 h. Sinatura de Tempos de norte, con Mónica Justo e Roberto Martínez.

Domingo 3
12:30 h. Presentación de Novas lambetadas dunha larpeira feliz, de Merchi Rodal.
13:15 h. Conversa interxeracional con María Canosa: Dos Druídas ao DisParo.
18:30 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
19:15 h. Vicente Araguas presenta Manuel María: un home de mil pezas, publicado por Embora.
20:15 h. Presentación de As Catedrais: portas do misterio, de Xosé Otero Canto. Concellaría de Cultura de Ribadeo.

A Coruña: Atmosferas, recital poético en diálogo coa música de Aida Saco Beiroa

OAida Saco 1 venres 1 de xullo, ás 21:00 horas, en Maquinaria Pesada (Linares Rivas, 45, locais 24-25), na Coruña, terá lugar Atmosferas, un recital poético en diálogo coa música en directo de Aida Saco Beiroa. Participan: Sonia Andrade, Pedro Casteleiro, François Davo, María José Fernández, Alfredo Ferreiro, Xosé Iglesias, Antom Laia, Tati Mancebo, Luís Mazás, Teresa Ramiro, Paco Souto e Ramiro Torres.

Alaia e a deusa, por Eli Ríos

DesdeEli Ríos A Sega:
“Como estes días anda tanto na moda o concepto de narrador mainsplainer, ou “home explicador“, recoñezo que comecei esta novela procurando marcas de xénero masculino e… quedei gratamente sorprendida! Ata a última páxina! Só me incomodou un chisquiño o feito de que, en varias ocasións, se referise á protagonista como “a neria”, pero, dándolle unhas voltas, concluín que, estilisticamente, non só é necesario senón imprescindible. Ou iso ou os deícticos ían ser unha tortura á hora de ler.
Recoñezo, tamén, que cando rematei a lectura tiña unha curiosidade case animal por coñecer a recepción desta obra e aló me lancei á rede. Oh, oh, oh! Sorpresa… Un par de críticas bastante destrutivas sobre o concepto do amor presentado nesta novela e unha boa morea de recomendacións de lectura nas revistas feitas por alumnas e alumnos de Secundaria. Sorpresa, pero non estrañeza. Por que? Imos ao allo! (…)
Outro tipo de narradores son posibles na ficción como é o caso e… aínda máis… Non procuredes aquí unha obra didáctica porque nada máis lonxe da realidade. Todo o comentado acae na narración cunha naturalidade nada artificial e o galego coidadísimo fan de Alaia e a deusa unha novela para desfrutar desde a primeira páxina ata a última. Si. Ata a última porque o xiro do final… (ata aquí podo ler)”

Compostela: representación de Manar: a derradeira caravana, de Lino Braxe

OLino Braxe venres 1 de xullo, ás 20:00 horas, na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, s/n, Parque Vista Alegre), represéntase Manar: a derradeira caravana, de Lino Braxe e a compañía Teatro Proscrito. A obra chega a Compostela coa actriz Sabela Hermida e os músicos Hames Bitar (laúde) e Luís Taberna (percusión).

A edición en galego descendeu en 2015 mentres o sector medrou a nivel estatal

Desde Cultura Galega:
“A produción editorial en galego é a única que descende no conxunto do Estado. Así o revelan os datos da Panorámica de la Edición Española de Libros 2015 dos cales acaba de facer público un avance o Ministerio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. En concreto, en 2015 a publicación de obras na nosa lingua baixou un 3,1%, mentres o conxunto da edición estatal medrou o 2,8%, segundo recollen as cifras do ISBN. O noso é o único idioma estatal á baixa, xa que as publicacións en valenciano subiron un 22,2%, as feitas en catalán un 13,3% e as que saíron en euskera foron un 8,5% máis. A seguir estas cifras, a edición en galego supón o 1,9% da que se realiza no Estado, fronte ao 84,7% que se desenvolve en castelán, o 10% do catalán e o 1,7% do valenciano e do euskera.
En total, publicáronse en Galicia durante 2015 2.266 obras, das cales 1.394 foron en galego. Nos dous casos mantense a tendencia descendente que predomina desde 2011, cando se editaran 3.006 libros dos que 1.711 sairan na nosa lingua. Tamén a tradución se mantén á baixa, que nese período descendeu de 95 a 64 títulos vertidos para o galego.”