Marcos Abalde: “A min o que me interesa é alimentar a esperanza”

EntrevistaMarcos Abalde a Marcos Abalde en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Vés de gañar o Lueiro Rey de poesía e o xurado salientou “o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva”.
– Marcos Abalde (MA): Isto de Exhumación é unha metáfora para se referir á historia, hai que coller a historia a contrapelo para coller a versión dos vencidos, das vítimas, dos derrotados. É o que tento facer, falar desde a súa cosmovisión, pero non reducila na súa condición de vítimas, senón tentar recuperar o seu potencial emancipador. (…)
– SG: A nivel literario segues apostando por xéneros minoritarios, o teatro e a poesía.
– MA: Si, é o que me gusta. É como preguntarlle a un pintor por que fai pintura e non escultura. Eu escribo teatro porque se me pasan historias pola cabeza e penso que o teatro sería a maneira máis eficaz de contalas, é unha arte que me gusta a pesar das dificultades que haxa. (…)”

Tabela dos Libros de marzo de 2016, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, a Tabela dos Libros ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

marzo_tabela_2016

Veu visitarnos… Beatriz Maceda Abeleira

EntrevistaBeatriz Maceda a Beatriz Maceda Abeleira en Fervenzas Literarias:
“(…) – Fervenzas Literarias (FL): Como dicíamos anteriormente, publicou no 2012 o seu primeiro libro Man, o alemán de Camelle, que é que lle atraía da figura dese artista e anacoreta para escribir sobre el?
– Beatriz Maceda Abeleira (BMA): Gústanme moito as persoas como Man. Penso que son elas, as menos mediáticas e que non saen todos os días nos medios de comunicación, as que fan deste mundo un lugar aceptable.
Man, ademáis de ser un gran artista, transmite moitos valores importantes: como podemos vivir con moito menos, o respecto á natureza, a coherencia, a tenacidade… (…)
– FL: O pasado ano publicou O álbum de Garrincha (Galaxia), onde mestura integración social e fútbol. Como nace este libro?
– BMA: Este libro nace no patio dun colexio, e cuns alumnos e alumnas que tiven o pracer de estar con eles durante dous cursos no colexio de Carral.
Tiña unha clase con nenos e nenas de moitos países, e vivín as súas dificultades para integrarse. Mais tamén descubrín que o fútbol é un elemento unificador moi rápido, que rompe a primeira barreira. (…)
– FL: A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?
– BMA: Os dous libros que teño publicados están ilustrados por Laura Veleiro, que ademais de ser a miña amiga, é unha gran ilustradora. Unha persoa moi traballadora, comprometida e responsable.
O feito de que sexa a miña amiga fai o traballo mais doado, xa que nos entendemos moi ben.
Os ilustradores son fundamentais na literatura infantil e xuvenil. A determinadas idades os nenos e as nenas non collerían un libro se nón ten ilustracións, aínda máis, é o primeiro que miran.
É marabilloso que alguén debuxe as túas palabras, que lles dea forma, cor.
– FL: Que significa para vostede o oficio de escritora?
– BMA: Todo o que leo e o que escribo faime crecer como persoa, vivir moitas vidas. É un privilexio.
– FL: Cales son as principais dificultades á hora de entregarse a este traballo?
– BMA: Conquistar as lectoras e lectores. Cando publicas un libro, a exposición de ti mesma é moi grande, xa que sempre hai moito de ti en cada un deles.
Tamén as dúbidas, os temores, que sempre van unidos ao proceso creativo. Cando te atopas con esa frase que as palabras son incapaces de expresar. (…)”

Arturo Casas presenta as dúas obras reeditadas de Dieste

DesdeArturo Casas o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Galaxia volve publicar A fiestra valdeira e Dos arquivos do trasno, primeiras obras do autor de Rianxo. A entrevista a Arturo Casas pode verse aquí.”

Mario Regueira estuda a narrativa de posguerra

DesdeMario Regueira o Diario Cultural da Radio Galega:
Mario Regueira estuda a narrativa de posguerra na tese A narrativa na reconstrución do campo literario de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia: “Existen determinadas inercias interpretativas a respecto da historia da literatura galega e da editorial Galaxia”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Inma López Silva presenta unha monografía sobre o teatro galego

DesdeInma-López-Silva-685x1024 o o Diario Cultural da Radio Galega:
Inma López Silva presenta a monografía Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego: “A grande conta pendente do teatro galego está na consolidación e conquista dun público que sexa capaz de sostelo e entender que o teatro é un dereito que ten como público”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Antonio Manuel Fraga

DesdeAntonio Manuel Fraga o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A obra premiada, Querido H. P. Lovecraft, é unha novela que vai a cabalo entre a tolemia e a realidade, gañadora do I Certame de Literatura Fantástica Antón Risco. A entrevista pode verse aquí.”